DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

ANUNCIO da adxudicación provisional dun contrato de alleamento de bens patrimoniais mediante procedemento aberto.

Por acordo plenario do 28 de novembro de 2008, aprobouse a adxudicación provisional do alleamento dos bens que a continuación se citan, o que se publica para os efectos do disposto no artigo 135.3º da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Allariz.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: B2008.03.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: alleamento de bens patrimoniais mediante procedemento aberto.

b) Descrición do obxecto: alleamento de 22 lotes de parcelas sitas no parque empresarial de Chorente SUI-1 de Allariz.

c) Boletín ou diario oficial e perfil de contratante, data de publicación do anuncio de licitación: BOP de Ourense nº 258, do 7 de novembro de 2008, DOG nº 217, do 7 de novembro e perfil do contratante: www.allariz.com.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Tipo de licitación: 45 euros/m2, á alza, máis IVE.

5. Adxudicación provisional:

a) Data: 28 de novembro de 2008.

b) Adxudicación por lotes de parcelas e prezos:

Ver referencia pdf "24700D062P181.PDF"

c) Nacionalidade: española.

Allariz, 11 de decembro de 2008.

Francisco García Suárez

Alcalde