DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2008 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, con varios criterios de valoración e trámite ordinario da licitación e anticipado de gasto, para a adxudicación do contrato non suxeito a regulación harmonizada de execución das obras hidráulicas de saneamento, cofinanciadas polos fondos da Unión Europea, do proxecto de clave OH.332.591 e dúas máis.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

2. Obxecto de cada contrato:

1º Descrición do obxecto: melloras na estación depuradora de augas residuais e rede de saneamento de Verín. Verín (Ourense).

Número de expediente: OH.332.591.

Orzamento base de licitación: un millón cincocentos setenta e catro mil cento trinta e sete euros con noventa e tres céntimos (1.574.137,93 euros), 16% IVE excluído. Cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Prazo de execución (meses): doce (12).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d e grupo K, subgrupo 8, categoría e.

2º Descrición do obxecto: saneamento de San Martiño. Melide (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.800.

Orzamento base de licitación: catrocentos noventa e oito mil novecentos trinta e seis euros con sesenta e dous céntimos (498.936,62 euros), 16% IVE excluído. Cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Prazo de execución (meses): seis (6).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c e grupo K, subgrupo 8, categoría c.

3º Descrición do obxecto: saneamento no Monte Aloia. Tui (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.798.

Orzamento base de licitación: catrocentos corenta e tres mil catrocentos corenta e oito euros con noventa y cinco céntimos (443.448,95 euros), 16% IVE excluído. Cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Prazo de execución (meses): seis (6).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: da licitación e anticipada do gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración.

4. Obtención de documentación e información:

a) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato) e da documentación técnica:

-Perfil do contratante na web: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?OR=24.

-A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706-Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27 e fax: 981 95 74 03.

A copistaría Copy Estudio na rúa Nova de Abaixo nº 19-20 (galerías), Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono e fax: 981 59 33 85.

b) Data límite de obtención de documentos e información: 26 de xaneiro de 2009.

5. Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación: a exixida, para cada contrato no punto 2 anterior.

6. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 de xaneiro de 2009.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Enderezo: rúa Doutor Maceira nº 18.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 26 de febreiro de 2009.

e) Hora: 10.00 horas.

8. Outras informacións:

-Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto dos contratos indicados no punto 2 anterior están cofinanciados polo nun setenta por cento (70%). Estas actuacións contribúen a reducir as disparidades sociais e económicas dentro da Unión Europea. Investimos no seu futuro. Unha maneira de facer Europa.

-Garantía provisional: non se exixe en ningún dos contratos.

-Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas correspondentes puntuacións e ponderacións e se detallan no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

-Apertura e valoración dos contidos dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que o acto público de apertura das ofertas do sobre C se atrase farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil do contratante.

-Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como das adxudicacións provisional e definitiva faranse públicas no perfil do contratante.

-Garantía definitiva: cinco por cento (5%) do orzamento base de licitación, IVE excluído, para cada un dos contratos indicados no punto 2 anterior.

-Esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente, de conformidade co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares e na Lei de contratos do sector público.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios proporcionalmente aos orzamentos de licitación dos contratos.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2008.

José Luis Romero Valeiras

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servizos Hidráulicos