DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 27 de novembro de 2008, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada a resolución do procedemento de desafiuzamento administrativo P-054/08.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada que figura no anexo a resolución do procedemento de desafiuzamento administrativo.

Pontevedra, 27 de novembro de 2008.

Eudosio Álvarez Álvarez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Nome: Adela Jiménez Jiménez.

Expediente: P-054/08.

Enderezo: r/ Alemaña, 53, bloque G-2, 1º C, Monteporreiro, Pontevedra.

Asunto: notificación de resolución.

Indicación do contido: acórdase a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento de Adela Jiménez Jiménez e dos demais ocupantes da vivenda identificada co expediente de construción PO-82/080, conta 107.

Recursos: de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Vivenda e Solo no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución.