DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CÉDULA do 19 de novembro de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2006/0452-1 e dezanove máis.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia laboral e obstrución á actividade inspectora, e de seguridade e saúde laboral.

Faise saber que as ditas resolucións rematan a vía administrativa e os interesados poden formular contra ela recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante o órgano xudicial que resulta competente por aplicación e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Advírtese que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na correspondente delegación provincial da Consellería de Traballo, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2008.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

Ver referencia pdf "24700D057P176.PDF"