DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

ANUNCIO do 12 de decembro de 2008, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, polo que se somete a información pública o Plan galego de acción fronte ao cambio climático, por un prazo de dous meses, contados a partir desta publicación.

De acordo co establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, dáse inicio ao período de consultas do Plan galego de acción fronte ao cambio climático, do que forma parte o informe de sustentabilidade ambiental para o seu exame e formulación de observacións a través do correo electrónico cambio.climatico@xunta.es.

Este plan pódese consultar na páxina web http://medioambiente.xunta.es.

Esta fase de consultas manterase aberta por espazo de dous meses a partir do seu anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2008.

P.A.

Vicente Pérez Muñuzuri

Subdirector xeral de Investigación

e Información Ambiental