DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 20 de novembro de 2008, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 48/08-PROT por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 22 de setembro de 2008, o director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador nº 48/08 PROT incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Ourense a Sousarias, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Sousarias, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia cta. contable 840, código 001, ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2008.

Ramón Medina González-Redondo

Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 48/08-PROT.

Denunciado: Sousarias, S.L.

DNI/CIF: B 32112198.

Último enderezo coñecido: rúa Corbal nº 18 A Pobra de Trives.

Feito imputado: infraccións en materia sanitaria.

Precepto/s infrinxido/s: artigo 35 B, 1º, 2º e 4º, da Lei 14/1986 xeral de sanidade; artigo 145 e) da Lei 7/2003; artigo 2, puntos 2º.3.1 e 2º.3.4 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño; artigo 1, punto 5º.2, capítulo I, II, VI, IX do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004; anexo II e sección XI do anexo III do Regulamento (CE) 853/2004.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 3.100 €.