Con data do 9 de setembro de 2008, o director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador nº 44/08 CAR incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a José Antonio Álvarez Fernández. Carnizaría Supermercado Día.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a José Antonio Álvarez Fernández o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia cta. contable 840, código 001 ou en Caixanova, recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2008.
Ramón Medina González-Redondo
Director xeral de Saúde Pública
ANEXO
Nº expediente: 44/08 CAR.
Denunciado: José Antonio Álvarez Fernández. Carnizaría Supermercado Día.
DNI/NIF: 39450161-D.
Último enderezo coñecido: avda. da Florida nº 63, Vigo.
Feito imputado: infraccións en materia sanitaria.
Precepto/s infrinxido/s: artigo 35 B, 1º, 2º e 4º da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigo145 a) e e) da Lei 7/2003; artigo 2 punto 2.3.1 e 2.3.4 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño; artigo 1, punto 1º, artigos 3 e 4, capítulo I punto 1º do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004; artigo 18 do Regulamento (CE) 178/2002.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 3.005,07 .