DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 18 de novembro de 2008, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2008210, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 22 de outubro de 2008, a delegada provincial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2008210 incoado na Delegación Provincial da Coruña a Pilar Rodríguez Tomé (Herboristeria Yedra).

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Pilar Rodríguez Tomé (Herboristeria Yedra) o contido da dita resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O aboamento da sanción farase no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, dende a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; isto mediante o ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840. código 001, en Caixanova recadación Xunta, en BBVA Transacción 1316 NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobro pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña 18 de novembro de 2008.

Mª Ausencia Tomé Martínez de Rituerto

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2008210.

Interesada: Pilar Rodríguez Yedra (Herboristería Yedra).

DNI/NIF/CIF: 32441731-R.

Derradeiro enderezo coñecido: San Isidoro, 56-2º E. 15007 A Coruña.

Feito/s imputado/s: infracción á lexislación en materia sanitaria.

Artigo infrinxido: art. 35 a).3 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade e art. 144 a) da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia. Arts. 2.1º.1, 2.2º do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria. Regulamento (CE) nº 178/2002, do 28 de xaneiro, sobre seguridade alimentaria, art. 18. R.d 1334/1999, do 31 de xullo, sobre norma xeral do etiquetado, presentación e publicidade dos produtos alimenticios, cap. IV, art. 5.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 1.200 €. Mil douscentos euros.