DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2008 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, trámite ordinario e expediente anticipado de gasto, do contrato de servizos relativo á elaboración do proxecto museográfico do Museo Galego do Viño na casa reitoral de Santo André de Camporredondo en Ribadavia (Ourense).

A Consellería de Cultura e Deporte, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar o concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura e Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: elaboración do proxecto museográfico do Museo Galego do Viño na casa reitoral de Santo André de Camporredondo en Ribadavia (Ourense).

c) Prazo de execución: máximo de cento vinte (120) días naturais e mínimo de noventa e seis (96) días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 137.931,03 euros.

IVE (16%): 22.068,97 euros.

Importe total: 160.000 euros, IVE incluído, condicionado á existencia de crédito nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras e Contratación da Secretaría Xeral. Poderán solicitarse no teléfono 981 58 89 38.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 11267.

b) Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 48 88; información de índole administrativa: 981 54 48 71.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 11.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 11.1.h) e 11.1.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, 15781, Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Deporte ás 10.00 horas da data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo Diario Oficial de Galicia por liña 10,61 euros.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2008.

P.D. (Orde 12-1-2007)

José Carlos Sierra Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Deporte