DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 27 de novembro de 2008, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/540).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T. estrada As Pontes-Mugardos.

Situación: Cabanas.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,3 km, con orixe e final na L.M.T.A. Cabanas-Franza, condutor R.H.V. Concello de Cabanas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de novembro de 2008.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña