DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de decembro de 2008, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia. (Gandoy Álvarez, Luis e dezaoito máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e ao non ser posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, mediante este anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Secretaría da Delegación da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, rolda da Muralla 70-1ª, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres; ou ben, se fora o caso, na oficina liquidadora correspondente.

Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 10 de decembro de 2008.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

Ver referencia pdf "24700D046P170.PDF"