DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de decembro de 2008, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia. (Alonso Miguélez, Benito e cento cincuenta e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e ao no ser posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por medio deste anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os actos foron adoptados polas oficinas liquidadoras do distrito hipotecario que se citan no inicio de cada relación.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas liquidadoras que se citan, no enderezo que se expresa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 9 de decembro de 2008.

Dolores Rodríguez González

Delegada territorial da Coruña

Ver referencia pdf "24700D044P165.PDF"

Ver referencia pdf "24700D045P166.PDF"

Ver referencia pdf "24700D046P170.PDF"