DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 4 de decembro de 2008, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia. (González Calvo, Otilia e corenta máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por este anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, de luns a venres, na oficina liquidadora correspondente, no enderezo e horario que se sinala no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento de prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 4 de decembro de 2008.

Mª José de Castro Pena

Delegada territorial de Pontevedra

Ver referencia pdf "24700D043P164.PDF"

Ver referencia pdf "24700D044P165.PDF"

I.T.P e A.X.D. Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Órgano tramitador:

O.L. Caldas: oficina liquidadora de Caldas de Reis. R/ Juan Fuentes Echevarría, 59-1ºA. 36650 Caldas de Reis (das 9.00 ás 14.00 horas).

O.L. Cambados: oficina liquidadora de Cambados. R/ Pardo Bazán, 18-1. 36630 Cambados (das 9.00 ás 14.00 horas).

O.L. A Estrada: oficina liquidadora da Estrada. R/ Antón Losada Diéguez, 21. 36680 A Estrada (das 9.00 ás 14.00 horas).

O.L. Lalín: oficina liquidadora de Lalín. R/ E, nº 1-entresollado, 18-1. 36500 Lalín (das 9.00 ás 14.00 horas).

O.L. Ponteareas: oficina liquidadora de Ponteareas. R/ Paseo Matutino, 2-entlo. 36860 Ponteareas (das 9.00 ás 14.00 horas).

O.L. Pontecaldelas: oficina liquidadora de Pontecaldelas. R/ López Boullosa, 7. 36820 Pontecaldelas (das 9.00 ás 14.00 horas).

O.L. Redondela: oficina liquidadora de Redondela. R/ Ernestina Otero, 26-D 36800 Redondela (das 9.00 ás 14.00 horas).

O.L. Tui: oficina liquidadora de Tui. R/ Foxo, 20. 36700 Tui (das 9.00 ás 14.00 horas).

O.L. Vilagarcía: oficina liquidadora de Vilagarcía de Arousa. R/ Alcalde Rei Daviña, 3-1ºB. 36600 Vilagarcía de Arousa (das 9.00 ás 14.00 horas).