DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de decembro de 2008, do recadador de zona de Pontevedra, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia. (Abal Cabanelas, José e douscentos sesenta e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación (Zona de Recadación de Pontevedra, rúa A Barca nº 10, baixo A, Pontevedra), no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 2 de decembro de 2008.

Fernando Guimaraens Benedeti

Recadador de zona de Pontevedra

Ver referencia pdf "24700D040P157.PDF"