DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2008, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 903/2008, interposto por Manuel Ángel Crespo Fernández.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 903/2008, interposto por Manuel Ángel Crespo Fernández contra a Resolución do 29 de abril de 2008, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se inadmite o recurso de alzada contra a Resolución do 7 de marzo de 2008 (DOG nº 53, do 14 de marzo), do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, pola que se modifica a puntuación definitiva da fase de concurso, en execución de sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2008.

María del Mar Rodríguez Fernández

Directora xeral da Función Pública