DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións publicas e Xustiza, pola que se fai pública a adxudicación do contrato a que se fai referencia.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlle publicidade á adxudicación dos contratos que a seguir se relacionan:

-Obras de acondicionamento interior dun local para o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous da Estrada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número do expediente: OBX 2008-08-MP.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: obras de acondicionamento interior dun local para o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous da Estrada.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 177, do 12 de setembro de 2008.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 299.415,88 €, IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 6 de novembro de 2008.

b) Contratista: Obras y Viales de Galicia, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 262.420 €, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2008.

Santiago Antonio Roura Gómez

Secretario xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza