DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

CÉDULA do 17 de novembro de 2008, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación dunha resolución dun expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 13, do 14 de xaneiro de 1999), notifícaselle con carácter de urxencia á persoa que a seguir se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o xulgado de primeira instancia de Pontevedra que corresponda, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, infancia e adolescencia.

O correspondente expediente figura no Servizo de Persoas Maiores, Persoas con Discapacidade e Menores da Delegación Provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar en Vigo.

Número expediente: 2007/283-5.

Persoa interesada: Ana Patricia González Cardesín.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 31 de outubro de 2008.

Vigo, 17 de novembro de 2008.

Francisco Xabier Verea Argibay

Delegado provincial de Pontevedra