DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.867

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (305/2007).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento demanda 305/2007 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Calvo Torrado contra a empresa Carmen María Rodríguez Caamaño, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Resolvo.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Ana Calvo Torrado fronte á empresa Carmen María Rodríguez Caamaño, e en consecuencia:

Condénase a empresa Carmen María Rodríguez Caamaño a lle aboar á demandante a cantidade de 1.052,37 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Carmen María Rodríguez Caamaño, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no BOP.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou de se tratar de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2008.

A secretaria xudicial

Rubricado