DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.867

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (605/2008).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 605/2008 por instancia de Santiago Iglesias Zapata contra Rosa Mª de Oliveira Vázquez sobre despedimento, nos que recaeu sentenza con data do 16 de outubro de 2008 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Santiago Iglesias Zapata, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Rosa Mª de Oliveira Vázquez a que, á súa elección, que deberá efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 454,49 euros, así como aboarlle en concepto de salarios de tramitación a cantidade de 5.289,15 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar o ingreso na c/c de consignacións, código 1533 0000 60 605 08 de Banesto (0030) desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentenza.

Así mesmo, advírtese á parte demandada de que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a tramitación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a prestar os seus servizos á demandada, a menos que prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ninguna compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Rosa Mª de Oliveira Vázquez, expido e asino esta cédula na Coruña o 24 de novembro de 2008.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA