DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.866

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (748/2008).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos ante este xulgado do social, tramitados baixo o número 748/2008 por instancia de Cruz Otero Novo contra a empresa Domus Ruri, S.L. sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza:

Na cidade da Coruña, o 25 de novembro de 2008.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu estes autos de xuízo número 748/2008, seguidos por instancia de Cruz Otero Novo, maior de idade, asistido polo letrado José Páramo Sureda, contra a empresa Domus Ruri, S.L. que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda interposta por Cruz Otero Novo contra a empresa Domus Ruri, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, condenando a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación de sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 5.381,07 euros máis, en ambos casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 41 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado, a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anuncialo, entregar o xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-1532-65-748-08.

E así mesmo deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na conta 0030-6349-0000-1532-65-748-08.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Domus Ruri, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e coa advertencia de que as seguintes notificacións se farán nos estrados do xulgado, agás as que sexan emprazamentos, autos e sentenzas, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, o 25 de novembro de 2008.

A secretaria xudicial

Rubricado