DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.866

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (148/2007).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos ante este xulgado do social, tramitados baixo o número 148/2007 por instancia de Pedro López Fernández contra a empresa Ricardo Gabriel Sánchez Alonso e outros sobre cantidade, ditouse a seguinte sentenza:

«Na cidade da Coruña o 21 de novembro de 2008.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 148/2007, seguidos por instancia de Pedro López Fernández, maior de idade, representado e asistido polo letrado Felipe Martínez Ramonde, contra a empresa Ricardo Gabriel Sánchez Alonso, que non compareceu nos autos; o INSS representado e asistido pola letrada Belén Guerra Díaz, e a Mutua Cyclops, representada e asistida polo letrado Antonio Fernández Chao, sendo o obxecto da reclamación, cantidade.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando en parte a demanda interposta polo demandante Pedro López Fernández contra o INSS, Mutua Cyclops e Ricardo Gabriel Sánchez Alonso, debo condenar e condeno a empresa a aboar á parte demandante o subsidio de I.T. en contía de 722,62 euros, debendo anticipar a prestación Mutual Cyclops, con absolución do INSS.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril».

E para que sirva de notificación á empresa Ricardo Gabriel Sánchez Alonso, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e coa advertencia de que as seguintes notificacións se farán nos estrados do xulgado, agás as que sexan emprazamentos, autos e sentenzas, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 21 de novembro de 2008.

A secretaria xudicial

Rubricado