DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.865

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (638/2006).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 638/2006 por instancia de Talleres Domínguez, S.A. contra o INSS, Jose Antonio López Arias e TXSS sobre recarga de prestacións, ditouse a seguinte sentenza:

«Na cidade da Coruña, 19 de novembro de 2008. Jorge Hay Alba, magistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 638/2006, seguidos por instancia da empresa Talleres Domínguez, representado por Mª Elvira Domínguez Rojo e asistido pola letrada Fátima Otero Sánchez, o INSS e a TXSS, representado e asistido pola letrada Cristina López Cancio, e Jose Antonio López Arias, que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, recarga prestacións.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

«Decido que, debo desestimar e desestimo a demanda interposta pola entidade Talleres Domínguez, S.A. contra o TXSS e Jose Antonio López Arias, absolvendo os demandados dos pedimentos da demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado por Real decreto legislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Jose Antonio López Arias, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e coa advertencia de que as seguintes notificacións se farán nos estrados do xulgado, agás as que sexan emprazamentos, autos e sentenzas, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 19 de novembro de 2008.

Secretaria judicial

Rubricado