DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.864

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (5/2008).

Carmen Fernández Santiago, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número un de Padrón, fago saber que nos autos de execución de títulos xudiciais número 5/2008, que se tramita neste xulgado por instancia de Renault Financiaciones, S.A. fronte a José Manuel Tobío Castaño e Pilar Montes Pedrouzo, se ditou, con data do 17 de xullo de 2008, auto cuxo contido é do teor literal seguinte:

Auto:

Xuíza que o dita: Berta Vidal Gallego.

Lugar: Padrón.

Data: 17 de xullo de 2008.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O procurador señor García-Piccoli Atanes, en nome e representación de Renault Financiaciones, S.A., promoveu demanda executiva contra José Manuel Tobío Castaño e Pilar Montes Pedrouzo, en execución da sentenza ditada no procedemento de menor contía, seguido neste xulgado co número 251/1995, en reclamación da cantidade de 8.921,75 euros de principal e de 6.010,12 euros que se orzaban para xuros e custas.

Tras a súa admisión a trámite, acordouse despachar execución contra bens e rendas dos demandados polas cantidades apuntadas e, realizados os trámites oportunos, logo de embargo de bens e declaración de rebeldía dos demandados, abriuse o procedemento de constrinximento para a realización dos bens embargados e sinalouse para a realización da poxa prevista nos artigos 667 e seguintes da Lei de axuizamento civil (LAC), o día 26 de xuño de 2008 e son obxecto de poxa os seguintes bens:

Un. Rústico: predio número nove do Plan oficial de concentración parcelaria da zona de Santa María de Oín, concello de Rois. Labradío no sitio de Braña de Monte, que linda: norte, camiño construído polo Servizo Nacional de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural; sur, zona excluída; leste, Víctor Sánchez Cárdama (8); e oeste, con Rosa Soñora Freire e outros (10). Mide seis áreas e corenta centiáreas.

Este predio figura inscrito a favor de José Manuel Tobío Castaño, por título da herdanza testada, logo de cesión de usufruto, segundo a inscrición 3ª, motivada por instancia de herdeiro único e escritura de cesión de usufruto autorizada polo notario de Padrón Manuel Remuñán López, o 16 de marzo de 1992.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón, no tomo 328 do arquivo, libro 71 de Rois, folio 161, predio número 6.739.

Dous. Urbano: casa en mal estado de conservación, que estivo sinalada co número corenta e seis do lugar de Cornes, parroquia e municipio de Rois, composta de planta baixa e alta, con terreo a inculto polo leste, e a curral polo oeste. Forma todo un só predio de douscentos trinta e un metros cadrados, de cuxa superficie corresponden á casa uns oitenta metros cadrados, que linda: norte, herdeiros de Rafael Villar; sur, Peregrino Cabo Cortés; leste, Constantino Tubío Soñora; e oeste, camiño de carro de servizo público.

Este predio figura inscrito a favor de José Manuel Tobío Castaño por título de herdanza testada, segundo a inscrición 1ª, motivada pola escritura autorizada polo notario de Padrón Manuel Remuñán López, o 17 de xaneiro de 1994.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, no tomo 566 do arquivo, libro 130 de Rois, folio 153, predio número 17.307.

Segundo.-Consta a notificación aos titulares dos dereitos posteriores inscritos na forma prevista no artigo 659 da LAC.

Terceiro.-Unha vez que tivo lugar a poxa e cunha oferta presentada polo mellor ofertante superior ao 70% do valor da taxación, por auto de data 26 de xuño de 2008 aprobouse o remate a favor de Armando Cabo Agrasar, requiríndoo co fin de que dentro do prazo de vinte días consigne a diferenza entre o remate aprobado e a cantidade consignada o que verificou dentro do prazo legal.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-De conformidade co establecido nos artigos 670, 672 e 674 da LAC, procede acordar a adxudicación e ordenar a cancelación da anotación ou inscrición do gravame que garantía o crédito ao demandante e a de todas as inscricións e anotacións posteriores á inscrición daquela, incluso as que se verificasen despois de expedida a certificación prevista no artigo 656 da LAC.

Segundo.-Tanto na iniciación deste procedemento como na súa tramitación, aparecen cumpridos cantos requisitos exixen os artigos 655 e seguintes da LAC.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación:

Dispoño que procede declarar a adxudicación dos predios a que se fai referencia no feito primeiro deste procedemento a favor de Armando Cabo Agrasar, con DNI: 76464624, con domicilio en Santiago de Compostela, rúa Ramón Cabanillas, nº 4-4º, de estado civil solteiro, pola cantidade de mil cincocentos corenta e seis euros (1.546 euros) o ben referenciado co número un e pola cantidade de vinte e un mil catrocentos cincuenta e catro euros (21.454 euros) polo ben referenciado co número dous.

En canto que sexa firme, expídase ao adxudicatario testemuño deste auto, que servirá de título bastante para a inscrición ao seu favor no Rexistro da propiedade, entendéndose subsistentes todas as cargas ou gravames anteriores e preferentes ao crédito reclamado neste procedemento pola entidade Renault Financiaciones, S.A., con relación aos predios gravados e que o adxudicatario as aceptou e quedou subrogado na súa responsabilidade sen destinar á súa extinción o prezo de adxudicación.

Ordénase a cancelación das anotacións ou inscricións dos gravames que orixinaron esta adxudicación así como a de todas as inscricións e anotacións posteriores á inscrición daquela, e incluso as que se verificasen despois de expedida a certificación prevista no artigo 656 da LAC.

De conformidade co establecido no artigo 654 da LAC, expídase mandamento de devolución pola cantidade de 8.083,46 euros, a favor de Renault Financiaciones, S.A. en concepto de resto de principal, facéndose entrega deste ao procurador señor García-Piccoli Atanes co fin de facerllo chegar ao seu representado, quedando consignada a cantidade de 14.916,54 euros ao que resulte da liquidación de xuros e taxación de custas que se practique.

En caso de solicitalo o adxudicatario, líbrese para tal fin o oportuno mandamento por duplicado ao rexistrador da propiedade de Padrón para que leve a efecto as cancelacións ordenadas e facéndose constar que se practicaron as notificacións previstas no artigo 659 da LAC e que o prezo da adxudicación se destinará a pagar ao demandante o principal do seu crédito, os xuros devengados e as custas causadas, quedando o exceso, se é o caso, á disposición dos titulares dos dereitos posteriores inscritos ou anotados sobre o ben adxudicado.

Requírase o demandante para que, no prazo de cinco días desde a firmeza desta resolución, proceda á presentación da correspondente proposta de liquidación de xuros e taxación de custas, para os efectos da súa liquidación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes. Fágase saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Dispóñoo e asínoo.

A xuíza.

Dá fe.

«O/a secretario/a».

E para que sirva de notificación en forma a José Manuel Tobío Castaño e Pilar Montes Solla, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido esta notificación en Padrón o 1 de setembro de 2008. Dá fe.

Carmen Fernández Santiago

Secretaria