DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.863

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO UN DE CHANTADA

EDICTO (49/2008).

Eu, Denise Romero Barciela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número un de Chantada, fago saber que nos autos de xuízo ordinario 49/2008, que se tramitan neste xulgado por instancia de Pilar Sanmartín Vázquez, fronte a herdanza xacente de Carmen Sanmartín Sanmartín, persoas descoñecidas e incertas que puideren ter interese na herdanza de Carmen Sanmartín Sanmartín e o Ministerio Fiscal, o xuíz deste xulgado, Víctor Luis Martín Llera, ditou sentenza nº 147/2008, do 17 de outubro de 2008, cuxa parte dispositiva di:

«Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola representación procesual de Pilar Sanmartín Vázquez, e en consecuencia declaro que é a única e universal herdeira da súa nai falecida, Carmen Sanmartín Sanmartín, por ser tal persoa a quen se referiu a causante na cláusula de institución de herdeiro contida no testamento por ela outorgado o día 24 de outubro de 2001 ante o notario do Colexio da Coruña con residencia en Friol, Demetrio Jiménez Orte, en substitución e para o protocolo número 3958 do seu compañeiro con residencia en Lugo, Mario-Alfonso Calvo Alonso. Condénase aquela persoa ou persoas que se opoñan a esta demanda a aterse ás anteriores declaracións e a cumprilas nos seus propios termos, con imposición de custas, de ser o caso.

Non se realiza expresa imposición de custas.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde o seguinte hábil ao da súa notificación.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados, herdanza xacente de Carmen Sanmartín Sanmartín e persoas descoñecidas e incertas que puideren ter interese na herdanza de Carmen Sanmartín Sanmartín, expídese este edicto para que lles sirva de cédula de notificación. Co fin de que se proceda á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto en Chantada, 5 de novembro de 2008.

A secretaria

Rubricado