DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.863

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SEIS DE VIGO

CÉDULA de notificación de sentenza (242/2008).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza 242/2008.

Vigo, dezanove de novembro de dous mil oito.

Ana Barral Picado, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número seis dos de Vigo, vistos os autos correspondentes ao xuízo ordinario en exercicio das accións derivadas das obrigas e contratos, promovida polo procurador dos tribunais sr. González Puelles, en representación de Bansalease, S.A., Establecimiento Financiero de Crédito, baixo a dirección letrada do sr. Iglesias Ares, contra Celia Freire Rodríguez e Manuel Conde Silva e a mercantil Silconde, S.L., dita esta sentenza con base nos seguintes.

Seguen os antecedentes de feito e os fundamentos de dereito e

Decido que, estimando a demanda presentada polo procurador dos tribunais sr. González Puelles Casal en representación de Bansalease, S.A. Establecimiento Financiero de Crédito contra Celia Freire Rodríguez e Manuel Conde Silva e a mercantil Silconde, S.L., en rebeldía procesual, debo condenalos e condénoos solidariamente ao pagamento de noventa e nove mil cincocentos euros con sete céntimos (99.500,07 €) os xuros pactados da anterior cantidade e custas de procedemento.

Notifíqueselles ás partes coa advertencia de que non é firme e de que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 LAC).

O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna (artigo 457.2º LAC).

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Sigue sinatura e rúbrica».

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados entidad mercantil Silconde, S.L. e Manuel Conde Silva e Celia Freire Rodríguez esposa do codemandado, expídese está cédula para que sirva de notificación de sentenza, a última para os efectos do artigo 144 do Regulamento hipotecario.

Vigo, 19 de novembro de 2008.

A secretaria

Rubricado