DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.846

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de área de diversas especialidades.

O Decreto 206/2005, do 22 de xullo, modificado polo Decreto 236/2008, do 16 de outubro, regula a provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no Decreto 199/2008, do 28 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público das categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008, procede agora acordar e publicar as bases que van rexer a convocatoria da devandita oferta.

Esta convocatoria ten en conta o principio de igualdade de trato entre homes e mulleres polo que se refire ao acceso ao emprego, de acordo co artigo 14 da Constitución española, a Directiva Comunitaria do 9 de febreiro de 1976 e as previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

Polo tanto, este centro directivo, logo da negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación e no uso das competencias atribuídas polo Decreto 46/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, resolve convocar concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de área de diversas especialidades do Servizo Galego de Saúde, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Normas xerais.

1. Convócase concurso-oposición para o ingreso nas especialidades que se especifican no anexo I da presente resolución.

2. O número de prazas que se convoca neste proceso selectivo é o que se especifica, para cada unha das especialidades, no citado anexo I, con expresión das de acceso libre e, de ser o caso, das reservadas para promoción interna e das reservadas para seren cubertas por persoas con discapacidade.

3. De conformidade co establecido na disposición adicional sétima do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e do artigo 6.2º do Decreto 199/2008, do 28 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público das categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008, resérvase un sete por cento do total das prazas convocadas en todas as especialidades, para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

Cando da aplicación da citada porcentaxe resulten fraccións decimais redondearase por exceso para o seu cómputo, sen prexuízo do establecido no parágrafo seguinte.

Non procederá a reserva de prazas para seren cubertas por persoas con discapacidade naquelas especialidades nas que non sexan convocadas un mínimo de catro prazas.

No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade acade unha taxa do tres por cento do total das prazas convocadas na correspondente especialidade, as prazas non cubertas acumularanse ás restantes do acceso libre.

No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade non acadase a taxa do tres por cento do total das prazas convocadas na correspondente especialidade, as prazas non cubertas acumularanse á cota do sete por cento da oferta seguinte, cun límite dun doce por cento.

4. No caso de que algún/ha aspirante con discapacidade que se presentase pola quenda de reserva de persoas con discapacidade superase os exercicios correspondentes, pero non obtivese praza, e a súa puntuación fose superior á obtida por outros/as aspirantes da quenda de acceso libre, será incluído/a pola súa orde de puntuación na quenda de acceso libre.

5. Co fin de garantir a protección da saúde dos/as aspirantes que superen definitivamente o proceso selectivo pola quenda de reserva de persoas con discapacidade efectuarase unha avaliación inicial da súa saúde que permita adoptar as medidas preventivas e de protección necesarias para evitar que poidan verse afectados/as de xeito singular por algún risco laboral identificado no seu posto de traballo. A dita avaliación será realizada pola Unidade Periférica de Prevención de Riscos Laborais de referencia para o centro ao que pertenza a praza adxudicada.

6. De conformidade co establecido no artigo 25.1º do Decreto 206/2005, do 22 de xullo e o artigo 5.1º do Decreto 199/2008, do 28 de agosto, en atención ás especiais circunstancias que concorren nas diversas especialidades e coa unanimidade de todas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación, establécese unha porcentaxe de prazas reservadas para a quenda de promoción interna do 15% do total das prazas ofertadas en cada especialidade.

De conformidade co establecido no artigo 5.2º do Decreto 199/2008, do 28 de agosto, antes citado, cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 prazas, computarase como unha praza que se incluirá nesta reserva.

As prazas da quenda de promoción interna que non sexan cubertas acumularanse ás da quenda de acceso libre.

7. Os/as aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Se da solicitude que presenten non se deduce a súa opción, serán excluídos/as na lista provisional de admitidos/as e excluídos/as que se publique. De non emendar o defecto da solicitude, serán incluídos/as de oficio na quenda de acceso libre. Xa que logo, tras a publicación da lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera outro tipo de corrección ou aclaración respecto diso.

Segunda.-Requisitos dos/as candidatos/as.

Todos os requisitos exixidos nesta base deberanse posuír polos/as aspirantes, de calquera quenda de acceso, na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e teranse que manter ata a toma de posesión como persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

O feito de figurar na relación definitiva de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza aos/as aspirantes a posesión dos requisitos exixidos no procedemento que se convoca.

1. Requisitos comúns para todas as quendas de acceso:

1) Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado no que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

c) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o/a cónxuxe dos/as españois/as e dos/as nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea e o dos/as nacionais dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, sempre que non estean separados/as de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os/as seus/súas descendentes e os/as do seu cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de devandita idade dependentes.

2) Idade: ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter alcanzada a idade de sesenta e cinco anos.

3) Capacidade funcional: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do correspondente nomeamento.

4) Habilitación: non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, se é o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/as nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

5) Titulación: estar en posesión da titulación que, para cada unha das especialidades que se convocan, se especifica no anexo I desta resolución ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

6) Aboar as taxas por dereito de exame, se é o caso.

2. Persoas con discapacidade:

Ademais dos requisitos anteriores, os/as aspirantes que se presenten pola quenda de persoas con discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

3. Promoción interna:

1) Ter a condición de persoal estatutario fixo doutra categoría/especialidade de nivel académico igual ou inferior á daquela á que se pretende acceder.

2) Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría/especialidade de procedencia.

Ao persoal integrado no réxime estatutario, seralle computado, para os efectos do prazo dos dous anos, o tempo de servizos prestados como funcionario de carreira ou laboral fixo.

Terceira.-Solicitudes.

1. Os/as que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante unha solicitude e aboar os dereitos de exame de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

a) Formalización da solicitude:

O modelo de solicitude estará á disposición dos/as interesados/as que desexen participar no proceso na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), premendo ao icona emprego público, OPE 2008, debendo cubrirse e imprimirse o formulario que aparecerá neste punto.

O impreso xerado neste punto deberá presentarse no rexistro xunto co resto da documentación.

b) Formalización do pagamento das taxas:

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e na Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008 como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 39,94 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación orixinal como o sinalado no anexo II. O devandito impreso será facilitado aos interesados nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición os/as que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e os/as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial; no caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%; circunstancias que deberán ser acreditadas coa correspondente xustificación documental (copia cotexada) presentada xunto coa solicitude.

A non presentación deste anexo, no que figurará o selo da entidade bancaria coa indicación da data, determinará a exclusión do/a aspirante. En ningún caso, a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

Poderase tamén realizar o pagamento da taxa por internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da oficina virtual na páxina web do CIXTEC (www.cixtec.es) e premer a ligazón Oficina Virtual-Tributaria (cor azul) , entrar a servizos de acceso libre e taxas, prezos, multas e sancións. Neste caso, unha vez efectuado o pagamento da taxa correspondente, imprimirase o xustificante de ter aboada a taxa, que será o que se presente xunto coa solicitude. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación en tempo e forma da solicitude.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, os/as solicitantes poderán consultar nese enlace as preguntas frecuentes que responderán ao modo de solucionar as dúbidas habituais que poderían atopar.

2. Documentación: xunto coa solicitude de participación impresa, os/as aspirantes deberán presentar a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.

Os/as aspirantes estranxeiros/as que residan en España deberán, ademais, presentar unha fotocopia cotexada da tarxeta de residente comunitario/a ou de familiar de residente comunitario/a en vigor ou, se é o caso, da tarxeta temporal de residente comunitario/a ou de traballador/a comunitario/a fronteirizo/a en vigor.

Os/as aspirantes que sexan nacionais da Unión Europea ou dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, que non residan en España, ben por residir no estranxeiro ou por atoparse en España en réxime de estadía, deberán presentar unha fotocopia cotexada do documento de identidade ou pasaporte.

Os/as familiares dos/as anteriores deberán presentar unha fotocopia cotexada do visado e, se é o caso, do xustificante de solicitar a correspondente tarxeta ou xustificante de solicitar a exención do visado e da correspondente tarxeta. De non solicitar estes documentos, deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo do parentesco e unha declaración xurada ou promesa do español/a, do/a nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea e do/a nacional dalgún Estado, ao que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, co que existe este vínculo, de que non está separado/a de dereito do seu/súa cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o/a aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Xustificante de aboar os dereitos de exame.

c) As persoas exentas do pagamento das taxas deberán, ademais, presentar copia cotexada da documentación que acredite este dereito.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, aos/as aspirantes excluídos/as que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

3. O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 31 de xaneiro de 2009, inclusive.

4. As solicitudes para participar no concurso-oposición poderán presentarse no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no número tres desta base, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ao organismo competente.

5. Os/as aspirantes interesados/as en participar en varias especialidades das ofertadas, deberán utilizar unha solicitude diferente para cada unha á que se presenten. Igualmente, pagarán o importe dos dereitos de exame correspondentes para cada unha das especialidades nun modelo de autoliquidación de taxas diferente.

6. Os/as aspirantes con discapacidade, opten ou non opten por participar na quenda reservada de persoas con discapacidade, poderán sinalar na solicitude as adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios, cando esta adaptación sexa necesaria. As referidas adaptacións non desvirtuarán, en ningún caso, o contido das probas de valoración da aptitude dos/as aspirantes.

7. En todo caso, a autoridade convocante ou, por delegación, o órgano encargado da xestión do proceso, reservarase o dereito a exixir que se acredite convenientemente a existencia ou non dos requisitos de participación e idoneidade dos/as aspirantes, en calquera momento anterior á resolución definitiva do concurso-oposición.

8. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

O domicilio que figure nas solicitudes considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do/a aspirante tanto o erro na súa consignación como a comunicación ao Servizo Galego de Saúde de calquera cambio do mesmo. O mesmo será aplicable aos outros medios de comunicación posibles, como os teléfonos de contacto e o correo electrónico.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, tras a clasificación e revisión das aportadas, ditará unha resolución declarando con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, co motivo da exclusión, para cada unha das especialidades.

2. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e terá que indicar o lugar ou lugares nos que se poderán examinar aos listaxes de aspirantes admitidos/as e excluídos/as.

3. Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

Non se poderá emendar a presentación da solicitude fóra do prazo habilitado para este efecto.

A estimación ou desestimación de devanditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

4. Á vista das peticións de reparación achegadas, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde ditará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante devandito órgano no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

O feito de figurar na relación de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza aos/as interesados/as a posesión dos requisitos exixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprendese que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que puidesen derivarse da súa participación no procedemento.

Quinta.-Tribunais.

1. A composición dos tribunais de selección será paritaria para o conxunto da oferta de emprego do Servizo Galego de Saúde.

2. Os tribunais cualificadores do concurso-oposición, para cada unha das especialidades que se convocan, serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas, publicándose para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Correspóndenlles aos tribunais as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas e a cualificación dos/as aspirantes, tanto na fase de oposición como na de concurso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas en orde ao correcto desenvolvemento das probas selectivas e á resolución de incidencias, polo que non poderán disolverse ata as correspondentes tomas de posesión dos/as aspirantes que resulten seleccionados.

3. Os tribunais serán únicos para cada especialidade. No entanto, o órgano convocante, en atención ao elevado número de aspirantes, poderá nomear unha comisión ou grupo de traballo para realizar as tarefas auxiliares de carácter técnico ou organizativo que lle sexan encomendadas, sen que a súa actuación afecte as competencias e a autonomía dos tribunais de selección.

4. Os tribunais terán a súa sé, para os efectos de comunicacións, envío de documentación ou incidencias, na División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, situada en San Lázaro s/n, 15703 de Santiago de Compostela.

5. Os tribunais estarán compostos por un número de membros non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de membros suplentes.

De conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo desempeñarse esta en representación ou por conta de ninguén.

Os/as membros dos tribunais terán a condición de persoal funcionario de carreira ou estatutario fixo das administracións públicas ou dos servizos de saúde, ou de persoal laboral fixo dos centros vinculados ao Sistema Nacional de Saúde, en praza ou categoría para a que se exixa posuír titulación de nivel académico igual ou superior á exixida para o ingreso.

Os tribunais poderán propoñer ao órgano convocante a incorporación aos seus traballos dos/as asesores/as especialistas ou de apoio que estime oportunos. Os/as ditos/as asesores/as limitaranse a prestar a súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz e sen voto.

6. Os/as membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorra neles/as algunha circunstancia das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou realicen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas da correspondente especialidade nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/A presidente/a deberá solicitar dos/as membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incursos/as nas circunstancias previstas no citado artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común nin nas demais causas de abstención previstas nesta base. Esta declaración deberá ser tamén realizada polos/as asesores/as especialistas previstos e polo persoal auxiliar que o tribunal incorpore aos seus traballos.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar aos/as membros do tribunal cando concorra neles/as algunha das circunstancias previstas nesta base, conforme o artigo 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. A autoridade convocante publicará, se é o caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomee aos/as novos/as membros do mesmo que teñan que substituír aos/as que perderon a súa condición por algunha das causas previstas, así como aos/as substitutos/as daqueles/as.

8. Logo da convocatoria do/a presidente/a, constituirase o tribunal coa asistencia da maioría dos/as seus/súas membros, titulares ou suplentes. A partir da súa constitución, o tribunal requirirá, para actuar validamente, a presenza da maioría dos/as seus/súas membros, titulares ou suplentes. Por acordo dos/as seus/súas membros, o tribunal poderá acordar a autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que teñan lugar sen necesidade de citación por escrito.

9. Os tribunais que actúen no proceso selectivo terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, actualizado pola Resolución do 20 de xuño de 2008 (DOG nº 138, do 17 de xullo), segundo o acorde o órgano competente na materia.

Sexta.-Procedemento de selección.

De acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, o sistema de selección será o de concurso-oposición para todas as especialidades que se convocan.

A) Fase de oposición.

1. A fase de oposición, en cada unha das especialidades que se convocan, consistirá na realización dos exercicios que se enumeran no anexo III desta resolución e coa forma e sistema de cualificación descrita.

2. Unha vez realizados os distintos exercicios da fase de oposición, correspóndelles aos tribunais establecer os criterios de corrección das probas. Estes criterios de corrección realizaranse tendo en conta que nos exercicios da fase de oposición que sexan eliminatorios, será necesario que os/as aspirantes acaden unha puntuación do cincuenta por cento da puntuación máxima asignada a cada un dos exercicios de tal carácter. Os exercicios sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos os dous inclusive) e o de coñecemento da lingua galega terán carácter obrigatorio e non eliminatorio para todos/as os/as aspirantes, coa excepción dos/das da quenda de promoción interna que estarán exentos/as da súa realización.

As respostas incorrectas, nos exercicios de tipo test, penalizaranse coa puntuación negativa que resulte de aplicar un vinte e cinco por cento da puntuación asignada á resposta correcta.

Os/as aspirantes que non superen ou non obteñan o cincuenta por cento da puntuación fixada como máxima no anexo correspondente a cada unha das especialidades e exercicios de carácter eliminatorio, resultarán eliminados.

3. Os tribunais adoptarán as medidas oportunas para garantir que os exercicios tipo test da fase de oposición sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/as aspirantes. Á finalización dos exercicios tipo test entregarase a cada aspirante a folla autocopiativa do seu exame así como o cuestionario de preguntas. O modelo coas respostas correctas publicarase con posterioridade na páxina web www.sergas.es.

4. Os exercicios da fase de oposición realizaranse no lugar e á hora que se fixe nunha resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde que terá que publicarse no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de antelación de cinco días hábiles, ademais de poder ser anticipada para efectos informativos na páxina web www.sergas.es.

De conformidade co establecido no artigo 15 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, poderanse realizar exercicios conxuntos para varias categorías, así como varios exercicios, na mesma data, para a mesma especialidade en unidade de acto e de tempo, mesmo cambiando a orde de realización destes.

Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios, non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil ou soportes con memoria, polo tanto, queda prohibido o acceso aos recintos e será causa de inadmisión ao chamamento a mera tenza deles. Advírtese de que non haberá servizo de recolla de teléfonos móbiles.

5. En calquera momento os/as aspirantes poderán ser requiridos/as coa finalidade de acreditar a súa personalidade.

6. Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio nun único chamamento, sendo excluídos/as do concurso-oposición os que non comparezan. En todo caso, para garantir a unidade de acto, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.

7. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún/ha dos/as aspirantes non cumpre un ou varios dos requisitos exixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do/a interesado/a, deberá propoñer a súa exclusión á autoridade convocante. Do mesmo xeito, o tribunal deberá dar conta das inexactitudes ou falsidades nas que puidesen incorrer os/as aspirantes, para os efectos procedentes.

8. Establécese un prazo único de cinco días hábiles seguintes á publicación dos modelos provisionais de respostas para que os/as interesados/as poidan presentar reclamacións contra os exercicios.

Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións presentadas, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio anunciarao publicamente xunto coa publicación das puntuacións dos distintos exercicios da fase de oposición, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na páxina web www.sergas.es.

Neste caso serán tidas en conta as preguntas de reserva, que terán unha puntuación igual que o resto das preguntas do correspondente exercicio.

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderanse implícitas na resolución pola que se publiquen as puntuacións e as respostas definitivas dos distintos exercicios.

9. Tras a publicación das puntuacións dos exercicios, os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao de devandita publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderanse implícitas na resolución pola que se publique as puntuacións definitivas dos distintos exercicios.

10. Poderán superar a fase de oposición un número de aspirantes superior ao das prazas convocadas na correspondente especialidade.

B) Fase de concurso.

1. Finalizada na súa totalidade a fase de oposición, o tribunal publicará un acordo no Diario Oficial de Galicia no que se declarará finalizada a fase de oposición e abrirá un prazo de 15 días hábiles contado desde o seguinte ao da súa publicación para que todos/as os/as aspirantes, sen excepción, que superasen a fase de oposición, acheguen inescusablemente a seguinte documentación, pois pola contra, quedarían excluídos/as do proceso selectivo, así como documentación acreditativa dos méritos que aleguen:

a) Fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente especialidade, segundo o disposto no anexo I desta resolución.

Deberá presentarse copia traducida por tradutor xurado daqueles títulos que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

Se algún/ha aspirante non achegase calquera tipo de mérito, o tribunal, de oficio, outorgaralle cero puntos na fase de concurso.

2. De acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, modificado polo Decreto 236/2008, do 16 de outubro, a valoración da fase de concurso non poderá exceder do corenta por cento da puntuación máxima atinxible no proceso selectivo.

3. Os méritos da fase de concurso establecidos no anexo IV enténdense referidos ao día de finalización do prazo para a presentación de solicitudes para tomar parte na fase de oposición.

4. Os tribunais poderán requirir, de oficio, dos/as aspirantes ou de calquera Administración pública, a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegurar a máxima obxectividade na adxudicación da puntuación nesta fase de concurso.

5. Realizada polo tribunal a baremación correspondente, publicarase no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante nos distintos apartados, así como a valoración total da fase de concurso. Contra a baremación os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderanse implícitas na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas da fase de concurso.

6. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal establecerá a relación de aspirantes, pola orde de puntuación alcanzado nas diferentes quendas de acceso, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ambas, elevando esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

7. O sistema de desempate efectuarase a favor dos/as aspirantes que tivesen a maior puntuación na fase de oposición no seu conxunto e de persistir o empate, pola maior puntuación nos exercicios da fase de oposición atendendo á súa orde de realización. De persistir aínda o empate, dirimirase a favor do/a aspirante con maior puntuación na fase de concurso e, de ser necesario, sucesivamente por cada apartado da fase de concurso e pola súa orde. Para rematar, decidirá a maior idade do/a aspirante.

8. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá ser aplicada para superar a fase de oposición.

Sétima.-Promoción interna.

1. Para o acceso ás especialidades convocadas, os/as aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentos/as de realizar os exercicios sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos inclusive), así como o de coñecemento da lingua galega.

2. O persoal seleccionado pola quenda de promoción interna terá preferencia para a elección de prazas respecto ao persoal seleccionado polas demais quendas, sen prexuízo do establecido no número sete da base oitava, respecto das persoas con discapacidade.

Oitava.-Relación de aspirantes seleccionados/as e elección de destino.

1. A partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da relación definitiva de puntuacións dos/as aspirantes a que se refire o número 6 da base sexta B), os/as definitivamente aprobados disporán dun prazo dun mes para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera Servizo de Saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, se é o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/as nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial no que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da especialidade.

Os/as participantes que accedan polas quendas de promoción interna e de persoas con discapacidade deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa dos requisitos para acceder pola correspondente quenda.

2. Os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no presente proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

3. Comprobada a documentación de todos/as os aspirantes aprobados a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as.

En ningún caso poderase declarar que superaron o concurso-oposición un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas. Tal declaración será nula de pleno dereito.

4. Nesta mesma resolución aprobarase a relación, por institución sanitaria, de prazas que se oferten aos/as aspirantes seleccionados/as e o procedemento e o prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

5. De acordo co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, as prazas vacantes que se oferten corresponderán sempre a prazas básicas da correspondente especialidade estatutaria.

6. As prazas adxudicaranse entre os/as aspirantes, pola orde de puntuación alcanzado no concurso-oposición con preferencia a favor dos/as aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna, de conformidade co establecido no número dos da base anterior.

7. Para os efectos de elección de destinos, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar á autoridade convocante a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convocante decidirá a dita alteración cando se atope debidamente xustificada, e deberá limitarse a realizar a mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa con discapacidade.

8. A solicitude que formulen os aspirantes será vinculante e irrenunciable.

9. O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino no prazo e de acordo ao procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

Neste suposto, a autoridade convocante procederá ao chamamento de novos/as aspirantes, no número que se corresponda coas prazas ofertadas e non elixidas, coa finalidade de que manifesten a súa opción por estas. Esta opción realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva.

Novena.-Nomeamento e toma de posesión.

1. Unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, con nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

2. Os/as nomeados/as dispoñerán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo deste prazo iniciarase ao día seguinte ao da publicación á que se refire o punto anterior. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. Non entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/a interesado/a, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

3. A incorporación ás prazas adxudicadas levará aparellado o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes no Servizo Galego de Saúde.

Décima.-Norma derradeira.

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan á Administración, aos tribunais encargados de xulgar o concurso-oposición e aos/ás que participen neste.

2. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais, pola autoridade convocante ou o órgano encargado da xestión, poderán ser impugnados polos/as interesados/as de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

3. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta secretaría, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2008.

Cayetano Rodríguez Escudero

Secretario xeral do Servizo Galego de Saúde

Ver referencia pdf "24700D022P130.PDF"

ANEXO III

-1º exercicio (eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 10 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre o contido da parte específica do programa do anexo V, e directamente relacionados coa actividade específica dos centros, nun prazo máximo de 180 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.

-2º exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa do anexo V (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

De conformidade co establecido no artigo 36 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.

-3º exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento por parte dos aspirantes da lingua galega, nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

ANEXO IV

Baremo de méritos: 40 puntos.

1. Formación: 35% (14 puntos).

1.1. Académica:

a) Grao:

-Licenciatura:

Plan antigo:

-Por cada matrícula de honra: 0,50 puntos.

-Por cada sobresaliente: 0,25 puntos.

-Por cada notable: 0,10 puntos.

Non se valorará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas no plan de estudos, expresando o cociente con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

Plan novo:

A puntuación correspondente aos estudos de cada aspirante obterase mediante a aplicación do seguinte algoritmo:

0,10 Cn + 0,25 Cs + 0,50 Cmh

Ca + Cn + Cs + Cmh

As anotacións Ca, Cn, Cs e Cmh corresponden ao número total de créditos que na certificación académica estean adscritos a materias troncais e obrigatorias e nos que, respectivamente, se obtiveron as cualificacións de aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra. Non se puntuará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

Non serán valorados os créditos correspondentes a materias optativas ou de libre elección /configuración.

A puntuación resultante expresarase con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

-Exame de grao: 0,25 puntos. (Con sobresaliente ou matrícula de honra 0,25 puntos máis).

-Premio extraordinario: 0,50 puntos.

b) Posgrao:

-Pola realización de todos os cursos de doutoramento (sistema anterior ao Real decreto 185/1985) ou pola realización do programa de doutoramento ata o nivel de suficiencia investigadora segundo os reais decretos 185/1985 e 778/1998, ou pola obtención do diploma de estudios avanzados (DEA): 1,5 puntos.

-Título de doutor/a: 2 puntos.

-Premio extraordinario de doutoramento: 0,5 puntos.

1.2. Continuada:

a) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da especialidade e que estean dirixidos directamente á especialidade á que se opta.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da especialidade e que estean dirixidos directamente á especialidade a que se opta.

c) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da especialidade e que estean dirixidos directamente á especialidade a que se opta.

d) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento acreditados conforme ao European Credit Transfer System (ECTS), sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da especialidade e que estean dirixidos directamente á especialidade a que se opta.

-Por crédito: 0,10 puntos.

-Por hora: 0,010 puntos.

A puntuación que se outorgará aos aspirantes que impartiran os anteditos cursos será de 0,20 puntos por crédito ou de 0,020 puntos por hora de docencia impartida.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste.

Non se valorarán os cursos realizados durante o período de especialización que estean incluídos no programa docente da especialidade correspondente.

Os cursos de prevención de riscos, de informática, de xestión clínica, de bioestatística e de metodoloxía da investigación se valorarán en todas as categorías/especialidades e co independencia da data de obtención do título exixido para o acceso a estas.

Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios ou similares, sempre que non estean debidamente acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica.

1.3. Especializada:

a) Por ter completado o período como residente do programa MIR, FIR, QUIR, BIR, PIR ou RHIR segundo corresponda á especialidade á que se presente (en España ou país da Unión Europea) ou ben ter completado o período de formación como residente nun centro estranxeiro cun programa recoñecido de docencia para posgraduados/as na especialidade á que se presente e co título validado polo Ministerio de Educación e Ciencia: 5 puntos.

b) Por ter obtido o título da especialidade á que se presente como consecuencia de acceder, con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto 127/1984, do 11 de xaneiro, a unha praza de especialista en formación, convocada por algunha das administracións públicas ou institucións sanitarias concertadas con estas e que acrediten ter realizado de xeito ininterrompido e baixo un mesmo réxime docente, os anos de formación establecidos para a correspondente especialidade, mediante nomeamento ou contrato de bolsa docente expedido pola devandita Administración que implique relación profesional retribuída periodicamente con cargo aos seus orzamentos: 5 puntos.

A puntuación dos puntos a) e b) son excluíntes entre si.

c) Por ter completado o período como residente do programa MIR, FIR, QUIR, BIR, PIR ou RHIR doutra especialidade distinta á que se presente (en España ou país da Unión Europea) ou ben ter completado o período de formación como residente nun centro estranxeiro cun programa recoñecido de docencia para posgraduados/as doutra especialidade distinta á que se presente e co título validado polo Ministerio de Educación e Ciencia: 2 puntos.

2. Experiencia: 55% (22 puntos).

-Por cada mes completo de servizos prestados na especialidade en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde ou do sistema sanitario público dun país da Unión Europea: 0,30 puntos/mes.

-Por cada mes completo de servizos prestados na especialidade noutras administracións públicas de España ou dun país da Unión Europea ou en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional: 0,10 puntos/mes.

-Por cada mes completo de servizos prestados na especialidade en institucións sanitarias privadas concertadas e/ou acreditadas para a docencia de España ou dun país da Unión Europea: 0,05 puntos/mes.

-Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría ou especialidade de persoal licenciado sanitario en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde ou do sistema sanitario público dun país da Unión Europea: 0,05 puntos/mes.

Os meses serán computados por días naturais.

Salvo para os nomeamentos de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada punto do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada punto será o cociente enteiro, despreciándose os decimais.

En ningún caso, a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural, poderá valorarse por enriba da puntuación establecida para o devandito período dun mes.

En ningún caso, un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintos puntos do baremo. De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría/especialidade, ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias, computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas en devandito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.

A antigüidade como especialista de quen accedera ao título en virtude do Real decreto 1497/1999, do 24 de setembro, valorará, segundo o disposto na Lei 62/2003, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orden social, a totalidade do exercicio profesional efectivo do/a interesado/a dentro do campo propio e específico da especialidade, descontando de tal exercicio e no período inicial do mesmo o 170 por 100 do período de formación establecido para a dita especialidade en España. O indicado desconto non se producirá respecto de quen obtivera o título de especialista de acordo co previsto na disposición adicional terceira do Real decreto 1497/1999.

O período de formación para a obtención do título de especialista non poderá ser valorado, en ningún caso, como tempo de servizos prestados.

Os servizos prestados durante o período en que se disfrute dunha redución de xornada para o coidado de familiares, serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución.

Para a valoración dos servizos prestados en institucións privadas os/as interesados/as deberán presentar documentación que acredite que estas están concertadas e/ou acreditadas para a docencia. Noutro caso, os devanditos servizos non serán obxecto de valoración.

Para a valoración dos servizos prestados en institucións ou centros de calquera país da Unión Europea, os/as interesados/as deberán presentar documentación que acredite a titularidade pública ou privada destes. Noutro caso, os devanditos servizos non serán obxecto de valoración.

3. Outras actividades: 10% (4 puntos).

a) Por traballos científicos e de investigación directamente relacionados coa especialidade de que se trate, apreciados libremente polo tribunal conforme os seguintes criterios e táboa de valoración:

-Publicacións en revistas científicas:

Primeiro cuartil da especialidade: 0,30 puntos.

Segundo cuartil da especialidade: 0,20 puntos.

Outras revistas: 0,10 puntos.

-Libros ou capítulos de libros:

Capítulo de libro: 0,30 puntos.

Libro completo: 1 punto.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

Deberá presentarse copia traducida por tradutor xurado daqueles títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida por tradutor xurado.

Polo que se refire aos traballos publicados en revistas, tan só será necesario presentar fotocopia compulsada das follas do traballo nas que conste o nome da revista, ou título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

En relación cos capítulos de libros, será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, o depósito legal do libro e/ou o ISBN e a data de publicación.

Para rematar, en relación cos libros será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas nas que conste o título do libro, o sumario ou índice del, o seu autor, o seu depósito legal e/ou o ISBN e a data de publicación.

b) Por impartir docencia posgraduada na mesma especialidade a que se presente: 0,20 puntos por ano (ata un máximo de 1 punto).

c) Por cada premio de investigación outorgado por sociedades científicas a traballos publicados en revistas científicas en materias relacionadas coa especialidade á que se opta:

-Premio de ámbito internacional: 1 punto.

-Premio de ámbito nacional: 0,50 puntos.

-Premio de ámbito autonómico/local: 0,25 puntos.

d) Por cada participación en proxectos de investigación do Ministerio de Sanidade e Consumo ou dun servizo de saúde:

-Investigador principal: 1 punto.

-Investigador colaborador: 0,25 puntos.

e) Por pertencer a Redes de Investigación do Instituto de Saúde Carlos III:

-Por cada Rede Temática de Investigación: 0,30 puntos.

ANEXO V

-Parte común.

Tema 1. A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos/as españois/las. A protección da saúde na Constitución.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.

Tema 3. A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos/as usuarios/as do sistema sanitario público.

Tema 4. O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licenzas. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 5. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licenzas.

Tema 6. A Lei de saúde de Galicia. O sistema Sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

Tema 7. A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

Tema 8. Saúde laboral: concepto. Principais riscos nas institucións sanitarias e medidas de prevención. Principios básicos do Plan xeral de prevención de riscos laborais do Servizo Galego de Saúde.

-Parte específica.

A parte específica do programa de cada unha das especialidades que se convocan, coa excepción de cirurxía torácica, foi publicada no Diario Oficial de Galicia nº 103, do 30 de maio de 2007.

Parte específica da especialidade de cirurxía torácica:

Tema 1. Anatomía cirúrxica e fisiopatoloxía do tórax. Estudos de función pulmonar.

Tema 2. Avaliación preoperatoria do paciente subsidiario de cirurxía torácica.

Tema 3. Aspectos xerais da anestesia en cirurxía torácica. Fundamentos e técnicas de intubación orotraqueal e de ventilación mecánica. Circulación extracorpórea. Tratamento da dor perioperatorio.

Tema 4. Técnicas endoscópicas diagnósticas: broncoscopia, mediastinoscopia, mediastinotomía e toracoscopia.

Tema 5. Incisións torácicas.

Tema 6. Atención perioperatoria en cirurxía torácica. Coidados críticos do paciente.

Tema 7. Complicacións postoperatorias precoces e tardías: diagnóstico e manexo.

Tema 8. Estenose laringotraqueal. Traqueomalacia. Dano postintubación. Fístula traqueoesofáxica. Manexo de parálise corda vogal.

Tema 9. Tumores malignos traqueobronquiais.

Tema 10. Obstrución aguda da vía aérea. Traqueostomía. Traqueotomía e reseccións da vía aérea. Laserterapia e prótese traqueobronquiais.

Tema 11. Anormalidades conxénitas do pulmón. Bronquiectasias.

Tema 12. Infeccións pulmonares: bacterianas, micóticas e parasitarias. Micobacterias atípicas e tuberculoses. Cirurxía da tuberculose pulmonar.

Tema 13. Patoloxía intersticial pulmonar. Papel da biopsia pulmonar cirúrxica.

Tema 14. Enfisema pulmonar: cirurxía de redución de volume e novas técnicas cirúrxicas emerxentes. Cirurxía do enfisema bulloso.

Tema 15. Tratamento cirúrxico da hipertensión por embolismo pulmonar crónico. Hemoptisis masiva.

Tema 16. Tumores pulmonares benignos e tumores das glándulas bronquiais.

Tema 17. Cancro de pulmón: bioloxía, epidemioloxía e clínica.

Tema 18. Diagnóstico do cancro de pulmón: técnicas de detección precoz. Algoritmos de diagnóstico e estadificación actualizados. Vías clínicas de diagnóstico.

Tema 19. Disección ganglionar mediastínica.

Tema 20. Carcinoma broncoxénico de células non pequenas: estratexia terapéutica.

Tema 21. Carcinoma broncoxénico de células non pequenas: seguimento postoperatorio. Alternativas de tratamento a situacións inoperables e irresecables.

Tema 22. Carcinoma de células pequenas.

Tema 23. Tumores primarios malignos raros de pulmón. Cirurxía de resección de metástases pulmonares.

Tema 24. Técnicas cirúrxicas: pneumonectomias, segmentectomías, reseccións atípicas, lobectomías, broncoplastias, reconstrucións da arteria pulmonar.

Tema 25. Tumores do sulcus superior: abordaxes cirúrxicas anterior e posterior.

Tema 26. Reseccións pulmonares estendidas.

Tema 27. Cirurxía minimamente invasiva: reseccións pulmonares vídeoasistidas e robótico-asistidas.

Tema 28. Transplante pulmonar: indicacións, técnica, seguimento e resultados.

Tema 29. Procedementos diagnósticos das enfermidades pleurais. Derramo pleural benigno e maligno. Manexo do derramo pleural maligno.

Tema 30. Empiema e fístula broncopleural.

Tema 31. Pneumotórax e pneumomediastino espontáneos.

Tema 32. Quilotórax e cirurxía do conduto torácico.

Tema 33. Mesotelioma maligno e outros tumores pleurais.

Tema 34. Métodos de drenaxe do espazo pleural. Toracoscopia terapeútica. Toracoplastias. Fibrotorax e decorticación. Técnicas cirúrxicas do mesotelioma pleural maligno: pneumonectomia extrapleural vs pleurectomia/decorticación.

Tema 35. Deformidades conxénitas da parede torácica. Cirurxía das deformidades do tórax e as súas complicacións.

Tema 36. Síndromes do opérculo torácico. Abordaxe supraclavicular. Resección transaxilar da primeira costela. Reintervención para síndrome de opérculo torácico recorrente: abordaxe con toracoplastia posterior e simpatectomía dorsal.

Tema 37. Tumores primarios da parede torácica.

Tema 38. Radionecroses e infeccións da parede torácica e do esterno. Resección e reconstrución de parede torácica e esterno.

Tema 39. Simpatectomía dorsal para tratamento de hiperhidroses e rubor facial.

Tema 40. Patoloxía diafragmática: técnicas de diagnóstico por imaxe.

Tema 41. Malformacións conxénitas do diafragma. Eventracións adquiridas do diafragma. Parálise frénica: diagnóstico e tratamento. Abordaxes cirúrxicas do diafragma. Plicatura diafragmática.

Tema 42. Patoloxía mediastínica: técnicas de diagnóstico por imaxe.

Tema 43. Mediastinites necrotizante aguda. Mediastinites crónica.

Tema 44. Manexo diagnóstico de tumores do mediastino. Patoloxía cística do mediastino. Tumores mediastínicos do tiroides e paratiroides. Bocio cervicomediastínico. Tumores xerminais. Tumores neuroxénicos. Linfoma e outros tumores do mediastino.

Tema 45. Tratamento cirúrxico dos tumores do mediastino. Cirurxía toracoscópica do mediastino.

Tema 46. Cirurxía da Miastenia gravis. Timectomías. Vías de abordaxe.

Tema 47. Alteracións motoras do esófago. Estenoses esofáxicas benignas.

Tema 48. Tumores esofáxicos benignos e malignos.

Tema 49. Avaliación e tratamento da hernia de hiato e refluxogastroesofáxico.

Tema 50. Manexo inicial do paciente politraumatizado. Reanimación cardiopulmonar. Indicacións de tratamento cirúrxico urxente.

Tema 51. Traumatismos da vía aérea.

Tema 52. Traumatismos torácicos pechados e penetrantes. Rotura traumática do diafragma.