DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.776

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2008 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

En sesión que tivo lugar o día 15 de decembro de 2008, o tribunal nomeado pola orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 3 de outubro de 2008, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 10 de marzo de 2008 (DOG nº 56, do 24 de marzo) e de conformidade co establecido na dita orde,

ACORDOU:

Primeiro.-Rectificar o modelo de respostas correctas nos seguintes termos:

A resposta correcta correspondente á pregunta nº 43 do exercicio é a opción a).

Segundo.-Contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada de acordo cos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro.-De conformidade co disposto na base II.1.3. da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 10 puntos, fixándose en 60 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na mesma base.

Cuarto.-Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, quenda de acceso libre, no auditorio do recinto feiral de Silleda, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Quinto.-Os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2008.

Elena Muñoz Fonteriz

Presidenta do tribunal