DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.775

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2008 pola que se resolve a convocatoria da XVII edición do Premio Manuel Colmeiro, orientado a distinguir estudos sobre a Administración pública de Galicia.

Por Orde do 25 de marzo de 2008 (DOG nº 68, do 9 de abril), a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convocou a XVII edición do Premio Manuel Colmeiro, orientado a distinguir estudos sobre a Administración pública de Galicia.

Vista a proposta formulada por un xurado especial e de conformidade coa base oitava da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder o Premio Manuel Colmeiro, na súa XVII edición ao traballo titulado «Presentación e análise xurídica-penal dun baremo sancionador en materia de ordenación turística», do que resultou ser autor Joaquín Mª San Martín Zamacola.

Segundo.-O importe deste premio aboarase con cargo á dotación prevista na partida 06.80.122B.480.0 dos orzamentos da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2008.

Terceiro.-A composición nominal do xurado foi a seguinte:

Presidente: Carlos Suárez-Mira Rodríguez, director da Escola Galega de Administración Pública.

Vogais: Mª Luisa Carcedo Roces, presidenta da Axencia Estatal de Avaliación das Políticas Públicas e a Calidade dos Servizos (Aeval); Juan Gómez Romero, director xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Emilio Francisco Grandío Seoane, profesor titular do Departamento de Historia Contemporánea e de América da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, e Carlos Martínez-Buján Pérez, conselleiro do Consello Consultivo de Galicia.

Secretaria: Pilar Romero Rodríguez, xefa do Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións da Escola Galega de Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director da Escola Galega de Administración Pública no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, que modifica a Lei 30/1992, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2008.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director da Escola Galega de Administración Pública