DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.774

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2008 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de decembro de 2008, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo deste consello.

A Lei 9/1995, do 10 de novembro, creou o Consello Consultivo de Galicia como superior órgano consultivo de carácter técnico-xurídico do Goberno de Galicia.

Considerando, por unha banda, o incremento do volume de traballo e a súa complexidade, e por otra a consolidación do dito órgano, estimouse oportuno incrementar o número dos seus efectivos, así como a súa reordenación para adecualo ás necesidades deste momento.

En consecuencia, por proposta do Consello Consultivo de Galicia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de decembro de dous mil oito, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modificar a vixente relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo deste acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do catro de decembro de dous mil oito, relativo á modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2008.

María Teresa Conde-Pumpido Tourón

Presidenta do Consello Consultivo de Galicia

Ver referencia pdf "24700D013P058.PDF"