DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.774

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

ORDE do 15 de decembro de 2008 que modifica a Orde do 30 de setembro de 2008, pola que se determina e amplía o importe máximo das axudas que se poderán outorgar no exercicio orzamentario de 2008 ao abeiro do Plan de Vivenda 2005-2008, regulado polo Real decreto 801/2005 e polo Decreto 18/2006, e se fixa o límite do seu importe plurianual.

O Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, constitúe o marco normativo polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 801/2005, do 1 de xullo, para o período 2005-2008.

O seu artigo 6 establece que as axudas se atenderán da forma que será establecida mediante ordes anuais da Consellería de Vivenda e Solo que determinarán a aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 12 de febreiro de 2008 determinaba as aplicacións do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, onde figuran os créditos con cargo a que serán atendidas as axudas previstas no citado Decreto 18/2006.

Con data do 30 de setembro de 2008 aprobouse a orde pola que se determina e amplía o importe máximo das axudas que se poderán outorgar no exercicio orzamentario de 2008 ao abeiro do Plan de Vivenda 2005-2008, regulado polo Real decreto 801/2005 e polo Decreto 18/2006, e se fixa o límite do seu importe plurianual. Así, como se indica no título, fíxase o límite plurianual destas axudas, no caso en que estas impliquen gasto con cargo aos exercicios orzamentarios futuros.

Debido a un reaxuste da planificación das actuacións que se subvencionarán, é necesario realizar unha acomodación orzamentaria en que se atendan estas circunstancias.

Por todo o exposto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase a Orde do 30 de setembro de 2008 pola que se determina e amplía o importe máximo das axudas que se poderán outorgar no exercicio orzamentario de 2008 ao abeiro do Plan de Vivenda 2005-2008, regulado polo Real decreto 801/2005 e polo Decreto 18/2006, e se fixa o límite do seu importe plurianual, no sentido de que o punto 5 do seu artigo único pasa a ter a seguinte redacción:

«Aquelas subvencións que se concedan no exercicio 2008 e que impliquen un gasto con cargo aos exercicios 2009 e 2010, terán os límites seguintes:

a) E respecto da aplicación orzamentaria 17.02.451B.741.0, un importe máximo de 1.866.700 € para o ano 2009.

b) Respecto da aplicación orzamentaria 17.02.451B.731.0, un importe máximo de 551.360,41 € para o ano 2009 e 781.420,05 € para o ano 2010».

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2008.

Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo