DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2008 Páx. 22.769

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 277/2008, do 27 de novembro, polo que se desafectan do dominio público os inmobles das antigas cámaras agrarias provinciais da Coruña, Lugo e Ourense, así como das antigas cámaras agrarias locais de Cesuras e Lugo.

A Comunidade Autónoma de Galicia é titular dos inmobles das antigas cámaras agrarias provinciais e locais, en virtude da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego e a disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro.

O artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que, cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos de lexislación da expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título.

O punto segundo do antedito artigo establece que a desafectación dos bens de dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia deberá facerse mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, logo de instrución do expediente pola Consellería de Economía e Facenda, por instancia da consellería interesada, e sempre que se acredite a desaparición das causas xustificativas da afectación.

A Consellería do Medio Rural manifestou a innecesariedade destes bens para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vinte e sete de novembro de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctanse do dominio público os bens descritos a continuación:

-Cámara Agraria Provincial da Coruña.

1. Piso primeiro dereita, do inmoble sinalado co nº 56 da rúa Federico Tapia da Coruña. A superficie útil é de 117,50 m2 e linda: fronte espazo sobre a rúa Federico Tapia; dereita entrando o piso primeiro dereita da mesma planta, e en parte, a caixa de escaleiras da casa, esquerda casa de Juan Castro Mosquera, e costas espazo sobre o patio posterior do edificio. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña ao tomo 2373, libro 2373, folio 151, predio 58.596. R.c. 8213002NJ4081S0004XG.

2. Piso primeiro esquerda do inmoble sinalado co nº 56 da rúa Federico Tapia da Coruña. A superficie útil é de 115 m2 e linda: fronte espazo sobre a rúa Federico Tapia, dereita entrando edificio do Instituto Nacional de Previsión, esquerda o piso primeiro dereita da mesma planta e en parte, a caixa do ascensor da casa; costas espazo sobre o patio posterior do edificio. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña ao tomo 2373, libro 2373, folio 157, predio 58.598. R.c. 8213002NJ4081S0005MH.

3. Praza de garaxe nº 6 do inmoble situado no nº 56 da rúa Federico Tapia (nº 22 segundo rexistro), constituído por un sector do soto destinado a garaxe, dunha superficie de 9,8 m2 e linda: fronte o predio horizontal nº 1; dereita entrando praza de garaxe nº 5; esquerda praza de garaxe nº 7; e costas herdeiros de Manuel García. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña ao tomo 2373, libro 2373, folio 163, predio 63.222.

4. Praza de garaxe nº 7, do inmoble situado no nº 56 da rúa Federico Tapia (nº 22 segundo rexistro), constituído por un sector do soto destinado a garaxe, dunha superficie de 9,1 m2, que linda: fronte o predio horizontal número un; dereita entrando a praza de garaxe nº 6; esquerda praza de garaxe nº 8; e costas dos herdeiros de Manuel García. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña ao tomo 2373, libro 2373, folio 168, predio 63.224.

5. 18,18% do predio horizontal número un, que está formado por un sector da planta do soto da mesma casa nº 56, cun pequeno aseo, e pola rampa de acceso ao dito soto. Ten unha superficie de 116,62 m2 e linda: fronte na entrada da rampa, coa rúa Federico Tapia e o resto coas prazas de garaxe nº 1, 2, 10 e 11 e o cuarto trasteiro, o departamento en que está colocado o depósito de combustible e unha parte coa parede que separa do subsolo da rúa Federico Tapia; costas sala de instalacións e as prazas de garaxe nº 4, 5, 6, 7 e 8; dereita entrando a praza de garaxe nº 3, esquerda casa de Juan Castro Mosquera. Linda ademais interiormente, coa praza de garaxe nº 9. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña ao tomo 1857, libro 1857, folio 8, predio 63.210.

-Cámara Agraria Provincial de Lugo.

1. Planta segunda ou piso segundo, da casa sinalada cos nº 24 e 26 da avenida Montero Ríos de Lugo. Superficie construída de 276 m2. Linda, visto o edificio desde a avenida antes dita con: dereita entrando ou oeste, con predio de Ricardo Besteiro; esquerda entrando ou leste con garaxe chamado Torralba, propiedade de José Món; fondo ou sur, espazo aéreo sobre a terraza pertencente como anexo ao primeiro piso; fronte ou norte, coa avenida Monteiro Ríos e tamén co local da antiga Cámara Agraria Local, hoxe da Comunidade Autónoma. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Lugo ao tomo 1020, libro 581, folio 33, predio 54.716. R.c. 8234011PH1683S0002AR.

2. Planta terceira ou piso terceiro, da casa sinalada cos nº 24 e 26 da avenida Montero Ríos de Lugo. Superficie construída de 324 m2. Linda, visto o edificio desde a avenida antes dita con: dereita entrada ou oeste, con predio de Ricardo Besteiro, esquerda entrando ou leste con garaxe chamado Torralba, propiedade de José Món; fondo ou sur, espazo aéreo sobre a terraza pertencente como anexo ao primeiro piso; fronte ou norte, coa avenida Monteiro Ríos. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Lugo ao tomo 1020, libro 581, folio 34, predio 54.718. R.c. 8234011PH1683S0004DY.

3. Dereito de servidume en favor das plantas segunda e terceira do inmoble nº 24 e 26 da avenida Montero Ríos de catro aparcamentos debidamente individualizados no soto. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Lugo no predio 54.714.

-Cámara Agraria Provincial de Ourense.

1. Local de oficinas, sito na planta primeira do edificio sinalado co nº 6 da avenida de José Antonio, hoxe rúa do Paseo de Ourense. Ten unha superficie construída de 328,36 m2 e útil de 246,25 m2 e linda: norte propiedade de Carmen Calvo Moraza e con bloque xeral da escaleira; sur en parte, co mencionado bloque de escaleira e con servidume de luces que constitúe o propio lindeiro sur do inmoble xeral; leste coa fachada á parte posterior do edificio; e oeste co bloque xeral da escaleira, co bloque de servizos sanitarios e co predio sétimo letra C. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Ourense ao tomo 2213, libro 1468, folio 151, predio 26.679. R.c. 3784032NG9838S0007FA.

2. Unha setenta e tres avas partes indivisas (1/73), que se concretan na utilización en exclusiva da praza de garaxe nº 5, situada na planta primeira do edificio sito atrás da casa número 35 da rúa de Santo Domingo con acceso desde a dita rúa e desde a avenida ou rúa José Antonio, hoxe rúa do Paseo. R.c. 3784031NG9838S0005EO.

-Cámara Agraria Local de Cesuras.

Parcela de 6.811 m2 situada no concello de Cesuras, zona de concentración parcelaria nº 222 lugar de Cruz, no lugar de Mandaio que linda norte: José Sanmartín Vales 221; sur, Manuel Suárez Bolaño 223; leste, Ramón Raimundo Naviera Naveira 216 e María Couceiro García 264; oeste, camiño. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos ao tomo 1944, libro 132, folio 48, predio 9.914. R.c. 15026B502002220000JZ.

-Cámara Agraria Local de Lugo.

Local destinado a oficinas na segunda planta situado no extremo esquerda, mirando desde a rúa da súa situación de Montero Ríos dunha superficie de 48 m2 e que linda: pola súa fronte con Montero Ríos; por fondo e dereita co resto da planta segunda (hoxe Comunidade Autónoma de Galicia) patio de luces e servizos sanitarios e pola súa esquerda co garaxe chamado Torralba propio de José Mon. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Lugo ao tomo 1747, libro 1308, folio 98, predio 114.890. R.c. 8234011PH1683S0003ST.

Artigo 2º

Os inmobles anteriormente descritos adquiren natureza patrimonial.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo todos os trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, vinte e sete de novembro de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda