DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2008 Páx. 22.365

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2008 pola que se publica a concesión de premios a teses de doutoramento e traballos de investigación realizados no eido do consumo, convocados pola Resolución do 10 de setembro de 2008.

Pola Resolución do 10 de setembro de 2008 (DOG nº 181,do 18 de setembro), o Instituto Galego de Consumo convocou un concurso de premios dirixido a premiar as teses de doutoramento e traballos de investigación realizados no eido do consumo. Vista a proposta do xurado, efectuada segundo o disposto no artigo 8 da citada resolución.

RESOLVO:

Facer pública a concesión dos premios ás teses de doutoramento e traballos de investigación presentados conforme a Resolución do 10 de setembro de 2008, que se relacionan no anexo que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2008.

Emilio Nogueira Moure

Presidente do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Modalidade A: teses de doutoramento.

Primeiro premio:

Título: Los grupos de contratos en el crédito al consumo.

Autora: Georgina Ivón Álvarez Martín.

Dotación: 3.000 euros.

Accésits:

Título: Factores que determinan la presencia de hidrocarburos aromáticos como contaminantes agroambientales y aromáticos.

Autora: Ledicia Rey Salgueiro.

Dotación: 1.000 euros.

Título: Detección de toxinas marinas basadas en la unión ligando-receptor.

Autora: María José Pazos Guldrís.

Dotación: 1.000 euros.

Modalidade B: traballos de investigación.

Primeiro premio:

Título: Códigos de conduta. O derradeiro instrumento de protección dos consumidores.

Autor: Pablo Fernández Carballo-Calero.

Dotación: 3.000 euros.

Accésits:

Título: Presencia de residuos de fungicidas e insecticidas en muestras comerciales de hortalizas de hoja.

Autora: Rosa María González Rodríguez.

Dotación: 1.000 euros.

Título: Estudo sobre o Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o sistema arbitral de consumo.

Autor: Juan Manuel Salorio Díaz.

Dotación: 1.000 euros.