DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2008 Páx. 22.363

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2008 pola que se aproban as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

Vistas as solicitudes de subvencións destinadas a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais, e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións.

Vista a proposta da comisión de valoración prevista no artigo 7.1º da dita Orde do 29 de abril e tendo en conta os criterios sinalados no seu artigo 6.3º

RESOLVO:

Conceder as axudas, sinaladas no anexo, ás asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.432B.781.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

Os beneficiarios da subvención quedarán obrigados a xustificar a totalidade do orzamento, no prazo dos vinte (20) días hábiles posteriores ao da realización das actividades e, en todo caso, antes do 1 de novembro de 2008, segundo o artigo 9 da orde de convocatoria do 29 de abril de 2008.

Notificarlles aos interesados esta resolución, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2008.

P.D. (Orde 12-1-2007)

Jose Carlos Sierra Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Deporte

Ver referencia pdf "24300D010P095.PDF"

Ver referencia pdf "24300D011P096.PDF"