DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2008 Páx. 22.343

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 10 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común e se convocan para o ano 2009.

O Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro, relativo á subvención ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), que establece as normas que regulan estas subvencións, así como os obxectivos a que debe contribuír a política de desenvolvemento rural, o contexto estratéxico, as prioridades e medidas de desenvolvemento rural e as normas relativas á cooperación, á programación, á avaliación e ao control, sobre a base das responsabilidades que comparten os Estados membros e a Comisión.

O Regulamento (CE) 1974/2006, da Comisión, de 15 de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005, do Consello, relativo á subvención ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O Regulamento (CE) 1975/2006, da Comisión, do 7 de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de subvención ao desenvolvemento rural.

O Decreto 175/2007, do 13 de setembro (Diario Oficial de Galicia nº 186, do 25 de setembro), polo que se modifica o Decreto 562/2005, do 1 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria, e o Decreto 215/2004, do 23 de setembro, polo que se modifica o Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia; atendendo aos principios de eficacia, desconcentración e racionalización da organización administrativa.

O Decreto 105/2006, do 22 de xuño, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, e o Decreto 105/2006, do 22 de xuño, que regulan as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que establece a regulación do réxime xurídico propio das subvencións cuxo establecemento e xestión corresponde á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismos e demais entidades vinculadas ou dependentes desta, así como tamén ás entidades locais de Galicia, incluídos os organismos e entidades dependentes delas. Esta lei aplícase con carácter supletorio respecto da normativa reguladora das subvencións financiadas pola Unión Europea.

A Orde do 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal.

A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega encargado de propor e executar as directrices xerais do goberno no ámbito rural que engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, montes e prevención e defensa dos incendios forestais, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais e industrias agroalimentarias, de acordo co establecido na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia.

A Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, establece no seu artigo 25 que a Consellería do Medio Rural lles dará aos montes veciñais en man común carácter preferente nas súas actuacións de fomento e mellora da produción agraria e na concesión de subvencións para esta finalidade.

O espazo forestal forma parte indisoluble do espazo rural, e polo tanto non se pode concibir ningunha política forestal á marxe da poboación rural e dos seus intereses. A Consellería do Medio Rural, neste contexto, e co obxectivo primordial de contribuír á valorización do monte implementa esta orde de subvencións coa finalidade de incrementar a vinculación das comunidades de montes veciñais co seu monte mediante incentivos económicos que aumenten a participación desta poboación rural na actividade económica do sector forestal.

Por outra banda, esta incentivación da colaboración dos titulares de montes veciñais en man común na realización de traballos de silvicultura preventiva contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de grande importancia na nosa comunidade, onde supoñen aproximadamente un terzo da superficie forestal existente; e en conxunto, sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia.

O artigo 1.1º.1 da Orde do 11 de febreiro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 34, do 19 de febreiro) sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 231, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 209, do 29 de outubro), establece que os expedientes de gasto relativos a subvencións poderán iniciarse sempre que as necesidades que se teñan que satisfacer poidan ser razoablemente previstas anticipadamente no ejercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, aínda cando a súa execución se realice nunha ou en varias anualidades; no primeiro caso, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto dos orzamentos xerais da comunidade autónoma aprobado polo Consello da Xunta de Galicia que corresponda ao exercicio orzamentario en que se vaia materializar a contraprestación, e no segundo,

sempre que exista crédito para a primeira anualidade e que se cumpran os requisitos do artigo 58 do Decreto legislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Ademais, o artigo 3.3º.3 estende expresamente esta posibilidade de tramitación anticipada aos expedientes relativos ás bases reguladoras ou convocatorias de axudas derivadas da aplicación de regulamentos comunitarios con financiamento procedente de fondos europeos, sempre que exista regulación das axudas pola Unión Europea ou de ámbito estatal ditada en desenvolvemento ou trasposición delas e existan compromisos de financiamento destinados á aplicación das correspondentes medidas. Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas, en consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confiren a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas recollidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2009, en réxime de concorrencia competitiva.

2. De acordo co devandito obxecto, establécense dúas liñas de subvencións:

a) Liña I: subvencións para a xestión da biomasa nos montes veciñais en man común así como nas de vías e camiños forestais incluídos neles.

b) Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga nos montes veciñais en man común.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

1. O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión do dito consorcio ou o seu paso a convenio con anterioridade á publicación desta orde.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de montes veciñais en man común así como as súas agrupacións e mancomunidades, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 10.2º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

2. No caso de agrupacións deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación. Cando se trate de agrupacións sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvencións que percibirá cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.

Artigo 4º.-Superficies forestais mínimas para solicitar subvencións.

1. A superficie forestal mínima por expediente será de duascentas cincuenta hectáreas (250 ha). Para acadar a superficie, as CMVMC poderán formar unha agrupación, as cales terá que ser estremeira ou pertencer a un mesmo distrito forestal e sempre localizarse nunha mesma provincia.

2. Excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC que integren a agrupación estiver localizada nalgún espazo declarado como zona de especial protección dos valores naturais, segundo o recollido no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (Diario Oficial de Galicia nº 69, do 12 de abril), a superficie mínima a que fai referencia o primeiro parágrafo sería de 100 ha.

Artigo 5º.-Condicións xerais e técnicas do investimento.

1. Os interesados solicitarán a concesión das subvencións baixo as seguintes condicións:

a) Deberán presentar a solicitude e o resto da documentación necesaria antes de comezar as obras, de mercar os equipamentos ou de comezar as construcións.

b) No caso de se conceder a subvención, o pagamento será satisfeito unha vez realizada a obra preventiva.

c) Cando as subvencións consistan nunha porcentaxe do orzamento das actuacións preventivas ou subministracións, o total da subvención calcularase segundo o orzamento apreciado e aprobado pola Consellería do Medio Rural, segundo o disposto para cada liña de subvencións nos capítulos II e III desta orde. As cantidades xustificadas en concepto de IVE non serán subvencionables na medida en que sexan recuperables pola Facenda pública.

d) Cada beneficiario só poderá obter unha subvención para cada unha das liñas, independentemente de que o solicite individualmente ou agrupado, xa que no caso de agrupacións de CMVMC temos que atender ao disposto no artigo 8 punto 3º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, que recolle que todos os integrantes da agrupación terán a consideración de beneficiarios. Se un solicitante presenta solicitude individual e agrupadamente, comportará o arquivo da solicitude presentada individualmente.

e) Todos os documentos descritivos das actuacións teñen que incluír como cartografía planos sobre mapas oficiais, preferentemente á escala 1:5.000 ou, no seu defecto, á escala 1:10.000. En caso de agrupacións, incluirase nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie con que participa cada monte veciñal da agrupación.

f) Farase constar nos documentos descritivos das actuacións se a superficie de actuación comprende zonas de protección lateral do Camiño de Santiago e solicitarase de forma interna, antes da aprobación da subvención, informe á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

g) Farase constar nos documentos descritivos das actuacións se na superficie de actuación existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e solicitarase de forma interna, antes da aprobación da subvención, informe á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

h) Farase constar nos documentos descritivos das actuacións se a superficie de actuación se atopa dentro da Rede Natura 2000 e solicitarase de forma interna, antes da aprobación da subvención, informe ao Servizo de Conservación da Natureza, en caso de que este informe sexa desfavorable, non se admitirá a trámite a solicitude de subvención. Non se poderán realizar solicitudes de subvención sobre hábitats prioritarios.

i) O documento descritivo das actuacións deberá conter como mínimo o seguinte:

1º Estado legal dos predios obxecto de solicitude de subvención: superficie, localización, estremeiros, accesos...

2º Descrición das actuacións que se levarán a cabo.

3º Cartografía: planos sobre mapas oficiais a que fai referencia o punto e) anterior.

4º Indicación de se os terreos se atopan en Rede Natura 2000, en zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

5º Orzamento.

j) En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as subvencións solicitadas en terreos en que o acordo de concentración parcelaria sexa firme.

k) Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse destas subvencións.

Artigo 6º.-Solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes presentaranse preferentemente nos servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (en adiante SPDCIF) das delegacións provinciais da Consellería do Medio Rural, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A solicitude xuntaráselle á documentación requirida no capítulo IV, que está en función da liña de subvención solicitada. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución favorable.

2. As solicitudes dos interesados acompañarán os documentos e as informacións determinados na convocatoria, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso o solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

4. A presentación da solicitude de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.

5. A Consellería do Medio Rural poderá solicitar dos peticionarios toda a información e xustificacións técnicas e económicas que considere necesarias, co obxecto de comprobar a realización das actuacións subvencionables e os custos derivados.

Artigo 7º.-Instrución e resolución de expedientes. Recursos administrativos.

1. Unha vez presentada a solicitude e o resto de documentación requirida no capítulo IV, os SPDCIF revisarán a documentación e, no caso de que conteña defectos ou omisións, requiriranlle ao solicitante a súa emenda, outorgándolle un prazo máximo e improrrogable de 10 días hábiles para facelo, con indicación de que, de non se facer así, se desestimará, logo de resolución neste senso, a súa petición e arquivarase o expediente sen máis trámite, para os efectos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992.

2. O órgano competente para levar a cabo a tramitación desta orde de subvencións é a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais. Os servizos provinciais de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais proporanlle ao órgano colexiado composto polo subdirector xeral de Defensa contra os Incendios Forestais, polo xefe do Servizo de Organización e Control de Medios e polo xefe da Sección de Coordinación e Organización, que actuará como secretario, a relación das solicitudes presentadas que cumpran todos os requisitos desta orde; o órgano colexiado valorará as solicitudes de subvención segundo os criterios de prioridade establecidos nesta orde para as distintas liñas e emitiralle un informe ao director xeral de Montes e Industrias Forestais que, pola súa vez, elevará a proposta de concesión ao conselleiro do Medio Rural.

3. O conselleiro do Medio Rural resolverá sobre a aprobación das subvencións solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e nondiscriminación.

4. A Consellería do Medio Rural comunicará no prazo máximo de 6 meses, podendo amplialo segundo o indicado no artigo 49 da Lei 30/1992, a aprobación e contía das subvencións ou a denegación razoada da solicitude.

5. No caso de non se ditar resolución expresa nun prazo de 6 meses a partir da data de entrada en vigor desta orde, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999. Estas resolucións serán notificadas a cada un dos solicitantes dentro do prazo dos 10 días seguintes á toma do acordo.

6. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, os interesados propostos como beneficiarios disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

7. Contra a resolución aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada a solicitude por silencio administrativo; ou ben poderá ser impugnada directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, se a resolución for expresa.

Artigo 8º.-Actividades subvencionables, importes, contías e criterios de selección.

1. As accións subvencionables, así como os importes e as porcentaxes máximas que se van subvencionar, recóllense nos capítulos II e III desta orde para cada liña de subvención.

2. A xestión desta subvención realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

3. Os criterios específicos de valoración para a adxudicación de subvencións das solicitudes recóllense igualmente nos capítulos II e III para cada unha das liñas de subvención.

Artigo 9º.-Compromisos dos beneficiarios e coordinación co Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF).

1. Os medios humanos e materiais aos que se refire esta orde terán en conta o disposto no artigo 47 da Lei 10/2006, do 28 de abril, pola que se modifica a Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

2. As características do material e equipamento obxecto desta subvención supeditaranse á normativa comunitaria, nacional e autonómica, se a houber, en particular no referente aos EPI, ás directivas comunitarias, de acordo co Real decreto 1407/1992, do 20 de novembro, polo que se regulan as condicións de comercialización e libre circulación intracomunitaria dos equipamentos de protección individual (BOE nº 311, do 28 de decembro). Os EPI defínense segundo o artigo 2 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de EPI.

3. Os puntos de auga deberán manterse operativos durante polo menos 20 anos e manter o acceso libre para as tarefas de prevención e defensa contra incendios forestais.

4. O beneficiario comprométese en todo momento a facilitarlle as tarefas de inspección ao persoal adscrito á Consellería do Medio Rural.

Artigo 10º.-Subcontratación das actividades subvencionadas polos beneficiarios.

1. As actuacions manuais incluídas na liña I non poderán subcontratarse, en cambio, poderán subcontratarse as actuacións mecanizadas incluídas nesta liña I e as actuacións da liña II. En relación coa subcontratación observarase o disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 11º.-Execución da subvención.

1. Para as liñas I e II a actividade subvencionada comezará nun prazo máximo dun mes a partir da recepción da notificación de aprobación da subvención.

2. Para a liña I, notificarase expresamente o inicio da actividade ao SPDCIF para que o persoal do distrito forestal leve a cabo a inspección correspondente. Esta inspección realizarase no campo por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural, para verificar, entre outros, os seguintes aspectos:

1º Verificarase a conformidade de todos os conceptos subvencionados e que coinciden cos datos da resolución de concesión.

2º Verificaranse as superficies propostas de traballo e a súa viabilidade.

3º Verificarase o non inicio dos traballos.

4º Comprobarase quen é o responsable da realización dos traballos e o seu número de teléfono de contacto, así como os nomes dos operarios que realizarán as accións subvencionadas.

5º Comprobarase que os operarios estean equipados adecuadamente para o traballo que se vai realizar.

6º En caso de que se subvencionen rozadoras ou motoserras, verificarase que son novas e que cumpren co estipulado na lexislación vixente e, en particular, co disposto nesta orde.

Esta inspección poderase realizar antes da resolución de concesión.

En caso de que existan superficies de traballo consideradas non viables polo distrito forestal, este poderá autorizar o seu cambio por outras superficies viables, sempre que as actuacións solicitadas se axustasen ao previsto no artigo 21º desta orde e sen que iso implique unha modificación da resolución de concesión.

Unha vez que os traballos propostos sexan inspeccionados e ratificada a súa viabilidade polo distrito forestal, o beneficiario achegará as fichas SIXPAC correspondentes ás zonas de actuación, segundo o formato que figura no anexo VIII.

3. Para a liña II a inspección terá que ser anterior á resolución de concesión e nela comprobarase a viabilidade dos traballos, a realidade xeométrica das obras, a dispoñibilidade dos terreos e o non inicio destas. En caso de que este informe sexa desfavorable, non poderá ser obxecto de subvención.

4. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros no suposto de custo por execución de obra, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación, ou, se é o caso, na solicitude da subvención, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Tamén terán a obriga de solicitar tres ofertas de diferentes provedores no suposto de gastos en subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por importe superior a 12.000 euros.

5. Os SPDCIF informarán sobre o aprazamento do inicio dos traballos á Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais que elevará a proposta ao conselleiro do Medio Rural que, pola súa vez, resolverá.

6. No caso de renuncia, despois de recibida a aprobación da subvención, deberá comunicarse por escrito á Consellería do Medio Rural.

Artigo 12º.-Responsabilidade.

1. A organización e materialización das actividades subvencionadas será responsabilidade exclusiva do beneficiario.

2. A actuación da Consellería do Medio Rural quedará limitada ao outorgamento da correspondente subvención e a garantir o cumprimento da normativa en materia de subvencións.

Artigo 13º.-Xustificacións.

A) Condicións de carácter xeral.

1. O beneficiario deberá comunicar aos SPDCIF da Consellería do Medio Rural o remate das obras.

2. O prazo máximo para o remate dos traballos será o 31 de outubro e o de xustificación o 30 de novembro. Non se concederán prórrogas a estes prazos.

3. As xustificacións para o pagamento presentaranse preferentemente nos SPDCIF das delegacións provinciais da Consellería do Medio Rural, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

4. Considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado polo beneficiario dentro do prazo de xustificación previsto nesta orde.

5. Os gastos acreditaranse mediante facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa.

6. Non poderá realizarse o pagamento da subvención en tanto o beneficiario non se atope ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teña pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.

7. Así mesmo deberase presentar unha declaración das subvencións solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes destas.

8. A subvención definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural, un deles distinto dos que realizaron a inspección en campo.

9. Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas. Esta comprobación final consistirá en:

a) Liña I: subvencións para a xestión da biomasa nos montes veciñais en man común, así como nas de vías e camiños forestais incluídos neles.

Certificado emitido por dous funcionarios, un deles diferente ao que realizou a inspeción, no cal se indique se as obras realizadas foron executadas conforme a solicitude e a memoria inicial ou modificada presentada polo beneficiario, especificando o número de hectáreas rozadas e a súa localización.

b) Liña II: construción de puntos de auga.

Certificado emitido por dous funcionarios, un deles diferente ao que realizou a inspeción, no cal se indique se os puntos de auga foron realizados conforme a solicitude e a memoria inicial ou modificada presentada polo beneficiario.

As reducións anteriores virán incrementadas gradualmente, segundo o disposto no Regulamento 1975/2006, calculando os pagamentos sobre a base do que se considera elixible. Cada unidade xestora determinará:

a) O importe que se lle pode conceder ao beneficiario en función exclusivamente da solicitude de pagamento. Para tal efecto tomaranse en consideración a suma dos importes de gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada.

b) O importe que se pode conceder ao beneficiario logo de controlar a elixibilidade dos gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada.

A cantidade que se pagará ao beneficiario será a definida no importe b). Cando o importe a) supere o importe b) en máis dun 3%, a cantidade que se pagará é igual ao importe b) menos a diferenza entre os dous importes. Esta redución non se aplica cando o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe non elixible.

B) Documentación exixida para xustificar o pagamento das facturas.

1. Realizarase mediante a presentación da factura orixinal e unha copia, para a súa compulsa e selaxe, e o xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo en ventá, certificación bancaria, etc.), no cal conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

2. No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto deste.

3. No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura á cal se imputa o pago, así como acompañalo dunha relación de todos os documentos de pagamento e os importes acreditativos do pagamento desa factura.

4. No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

5. Con respecto ás agrupacións sen personalidade, cada membro pagará polos traballos que asume, polo que a empresa que execute as obras, se for o caso, deberá facturar a cada membro da agrupación polos traballos cuxa execución asume. Non obstante, se a agrupación ten personalidade xurídica, só se poderá facturar á agrupación como tal, non a cada un dos membros.

C) Supostos e condicións en que se considera admisible o pagamento en metálico.

1. Con carácter excepcional, admitiranse pagamentos en metálico cando o seu importe, individual ou en conxunto por provedor, non supere os 3.000 euros; neste caso, o pagamento xustificarase mediante certificación expresa, asinada, datada e cuñada polo provedor, na cal se faga constar a recepción do importe facturado e o medio de pagamento empregado, así como o compromiso do provedor de someterse ás actuacións de control e comprobación na súa contabilidade da realidade do pagamento. Esta certificación acompañará a factura preceptiva.

2. Para gastos de escasa contía que non superen os 300 euros admitirase como xustificante de pagamento a factura asinada e selada polo provedor en que figure a expresión «Recibín en metálico».

Artigo 14º.-Reintegro.

1. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos seguintes casos:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para isto ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, nos termos establecidos no artigo 28 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na Lei 9/2007 e na lexislación europea

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas nos artigos 11 e 12 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás entidades colaboradoras e aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás entidades colaboradoras e aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

h) Adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 ao 89 do Tratado CE, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

i) Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención.

2. Nestes casos, excepto nos de forza maior, procederá o reintegro da subvención percibida e dos xuros de demora xerados desde o seu pagamento de acordo coa Lei de réxime financeiro e orzamentario da Xunta de Galicia.

3. Serán casos de forza maior, de conformidade co disposto no artigo 47 do Regulamento (CE) 1974/2006, da Comisión, do 18 de decembro:

a) Falecemento do beneficiario.

b) Incapacidade profesional de longa duración do beneficiario.

c) Expropiación dunha parte importante da explotación, si esta expropiación non era previsible o día en que se subscribiu o compromiso.

d) Calamidades naturais graves que afecten seriamente a superficie agrícola da expropiación.

4. A notificación dos casos de forza maior e as probas relativas a estes deberán realizarse por escrito e nun prazo de dez días hábiles, contados desde a data en que se produciu o caso de forza maior.

5. Así mesmo, procederase ao reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións doutras administracións públicas ou outras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza.

Artigo 15º.-Controis.

1. A Consellería do Medio Rural realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas coa finalidade de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das subvencións concedidas.

2. O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro dos investimentos subvencionados por parte da Consellería do Medio Rural, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.

3. Seralles de aplicación ás subvencións recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen realizar o pertinente control sobre o terreo, de condicionalidade, así como o réxime de controis, reducións e exclusión regulados no Regulamento (CE) 1975/2006, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento 1698/2005, do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de subvención ao desenvolvemento rural.

Artigo 16º.-Financiamento.

1. As subvencións que deriven da aplicación desta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 11.06.551B.770.0, código de proxecto 09.00.717 Subvencións e investimentos en materia de incendios forestais, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nunha porcentaxe do 57,56% respecto ao gasto público total.

2. O orzamento desta orde é de tres millóns de euros (3.000.000 euros), repartidos do seguinte xeito:

a) Liña I: dotada cun total de dous millóns cincocentos corenta e cinco mil (2.545.000 euros).

b) Liña II: dotada cun total de catrocentos cincuenta e cinco mil euros (455.000 euros).

3. A Consellería do Medio Rural, chegado o caso, poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde, sempre e cando existan dispoñibilidades orzamentarias.

4. No caso de que quedasen remanentes de crédito destinados ao financiamento dunha liña de subvencións, tales remanentes poderán ser destinados ao financiamento das outras liñas de subvención.

Artigo 17º.-Modificación da resolución de concesión.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente doutras achegas, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, consonte ao disposto no artigo 17.4º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 18º.-Obrigas dos beneficiarios.

1. Son obrigas do beneficiario:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión ou o gozo da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos (BOE nº 150, do 23 de xuño).

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 de subvencións de Galicia.

Artigo 19º.-Infraccións e sancións.

1. En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20º.-Medidas informativas e publicitarias.

1. Conforme o establecido no artigo 58 e no anexo VI do Regulamento (CE) 1974/2006, o beneficiario das subvencións deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das subvencións do Feader indicada no anexo VI do referido regulamento. En particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a 50.000 euros, o beneficiario deberá colocar unha placa explicativa na cal figurará unha descrición do proxecto así como a bandeira europea e o lema Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste nas zonas rurais.

2. O cartel identificativo, será segundo o modelo indicado no anexo X.

Capítulo II

Subvencións para a xestión da biomasa nos montes veciñais en man común así como nas de vías e camiños forestais incluídos nestes

Artigo 21º.-Actividades subvencionables.

1. A xestión da biomasa existente nos terreos forestais e nas zonas de influencia forestal é realizada a través de faixas e de parcelas, situadas en lugares estratéxicos, onde se procede á modificación ou á remoción total ou parcial da biomasa presente, coa finalidade de reducir a carga de combustible presente no monte e crear zonas de descontinuidade, contribuíndo así a diminuír o risco de propagación de incendios forestais e a minimizar os danos causados por estes sinistros, en caso de se produciren. Estes traballos realizaranse sempre dentro do ámbito territorial do monte ou montes para os cales o beneficiario solicite a subvención.

2. Os plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito conteñen as accións necesarias para a defensa contra incendios forestais e, máis alá das accións de prevención e outras medidas previstas en materia de emerxencias, inclúen a previsión e a programación integrada das intervencións das diferentes entidades implicadas no operativo contra incendios forestais.

3. Todas as iniciativas particulares de prevención e defensa deben estar articuladas e encadradas nos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito, polo tanto as actividades que se van subvencionar incluídas nesta liña deben estar sempre de acordo co previsto no devandito plan de prevención.

4. Dentro desta liña subvencionaranse as seguintes accións e subministración:

a) Actuacións manuais:

1º Roza manual da biomasa vexetal en condicións desfavorables.

Consistirá na roza da biomasa vexetal con rozadoras ou apeiros manuais similares, en zonas non mecanizables, que teñan pendentes superiores ao 30% e/ou un diámetro basal da matogueira superior aos 4,5 cm e respectando aqueles exemplares que, por cualquera motivo, deban conservarse. Realizarase o acordoado de restos.

2º Roza manual da biomasa vexetal en condicións favorables.

Consistirá na roza da biomasa vexetal con rozadoras ou apeiros manuais similares, en zonas non mecanizables e que non cumpran cos requisitos do punto anterior. Realizarase o acordoado de restos.

3º Roza manual da biomasa vexetal en filas de repoboación.

Consistirá na roza da biomasa vexetal en repoboación mecanizada, eliminado o mato 50 cm a cada beira da fila de plantación, empregando rozadoras ou apeiros manuais similares, e respectando aqueles exemplares que, por cualquera motivo, deban conservarse. Realizarase o acordoado de restos.

A superficie mínima que se solicitará para este tipo de actuacións será de 10 hectáreas e a subvención máxima que se concederá será de trinta e oito mil oitocentos oitenta euros (38.880 euros) para expedientes con CMVMC, mancomunidades ou agrupacións de CMVMC de menos de 1.000 ha e de setenta e sete mil setecentos sesenta euros (77.760 euros) para expedientes en que a devandita superficie sexa maior ou igual a 1.000 ha.

b) Actuacións mecanizadas.

1º Roza mecanizada da biomasa vexetal en condicións desfavorables.

Roza mecanizada da biomasa vexetal, con rozadora de cadeas ou similar en zonas con pendente igual ou superior ao 20% e con presenza de afloramentos rochosos.

2º Roza mecanizada da biomasa vexetal en condicións favorables.

Roza mecanizada de biomasa vexetal, con rozadora de cadeas ou similar en zonas con pendente inferior ao 20%.

3º Xestión mecanizada en vías e camiños.

Xestión mecanizada da biomasa vexetal nas vías e camiños forestais, no estrato arbustivo e subarbustivo, nos dous metros desde a aresta exterior da vía ou camiño, sempre que sexa tecnicamente viable. Incluirase nesta actuación tamén a xestión de noiros e/ou da plataforma cando sexa necesario.

4º Xestión mecanizada da biomasa vexetal en filas de repoboación.

Consistirá na xestión da biomasa vexetal con rozadoira de cadeaas ou similar entre filas de repoboación.

A superficie mínima que se solicitará para este tipo de actuacións será de 10 hectáreas e a subvención máxima que se concederá será de sete mil seiscentos oitenta euros (7.680 euros) para expedientes con CMVMC, mancomunidades ou agrupacións de CMVMC de menos de 1.000 ha e de quince mil trescentos sesenta euros (15.360 euros) para expedientes en que a devandita superficie sexa maior o igual a 1.000 ha.

c) Adquisición de rozadora manual ou motoserra: coas características mínimas que se detallan no anexo IX. Subvencionaranse un máximo de dúas unidades por expediente.

d) Compra de ferramentas manuais para a prevención de incendios e material de equipamento. Subvencionaranse un máximo de sete unidades por expediente.

e) Adquisición de vestiario de traballo. Subvencionaranse un máximo de sete unidades por expediente.

f) Adquisición de caixa de primeiros auxilios. Subvencionaranse un máximo de dúas unidades por expediente.

As accións recollidas nas alíneas c), d), e) e f) soamente se subvencionarán en caso de que se solicitase algunha das actuacións manuais incluídas na alínea a), en ningún caso se só se solicitan actuacións incluídas na alínea b).

Artigo 22º.-Importes e porcentaxes máximos das subvencións.

1. A contía das subvencións estará condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

2. Os prezos que se reflicten na seguinte táboa son indicativos para o titular da solicitude e obrigatorios como tope máximo na aplicación polos SPDCIF para a aprobación dos orzamentos.

Ver referencia pdf "24300D009P075.PDF"

Artigo 23º.-Criterios de selección.

1. A concesión das subvencións axustarase aos principios xerais recollidos no artigo 5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

2. As actuacións preventivas subvencionadas complementarán os labores de prevención desenvolvidos polos medios propios dos SPDCIF, de xeito que se reforcen nos lugares estratéxicos e se estendan o máximo posible no territorio.

3. Atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación ata acadar o orzamento asignado para esta liña, segundo o baremo seguinte:

a) Superficie de actuación consolidada pola constitución dunha unidade de xestión forestal (Uxfor) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia: 2,5 puntos.

b) Expedientes con montes veciñais situados en concellos incluídos en espazos declarados zonas de especial protección dos valores naturais: 1 punto.

Véxase o Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (Diario Oficial de Galicia nº 69, do 12 de abril).

c) Número de comunidades que integran a agrupación ou a mancomunidade, puntuación:

Dúas comunidades: 0,20 puntos.

Tres comunidades: 0,45 puntos.

Catro comunidades: 0,75 puntos.

Cinco ou máis comunidades: 1 punto.

d) Superficie total da CMVMC, agrupacións de CMVMC ou mancomunidades:

Desde 500 ata 1.000 ha: 1 punto.

Máis de 1.000 ha: 2 puntos.

Máis de 2.000 ha: 3 puntos.

e) CMVMC, agrupacións de CMVMC ou mancomunidades que recibisen subvención de liña I ao abeiro da Orde do 22 de febreiro de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común e se convocan para o ano 2008, e executasen cando menos o 80% da subvención: 3 puntos.

f) Expedientes que inclúan algún monte con instrumento de planificación forestal (proxecto de ordenación ou plan técnico) aprobado e inscrito no rexistro da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais: 1 punto.

g) Expedientes que inclúan algún monte certificado conforme ao sistema de xestión forestal sustentable da Xunta de Galicia: 1 punto.

h) Valoración pola Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais da adecuada distribución das unidades de actuación preventiva: ata 2 puntos.

4. Para todos os casos, de existir empate, prevalecerá a maior puntuación obtida na alínea h). De continuar este, será preferente a maior puntuación obtida nas alíneas a), b), c), d), e), f), e g) sucesivamente.

Capítulo III

Construción de puntos de auga

Artigo 27º.-Actividades subvencionables.

1. Os puntos de auga integran as redes de defensa contra incendios forestais dos distritos.

2. Subvencionarase a construción de puntos de auga para a prevención e defensa contra incendios forestais, que se localizarán en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais, cunha orografía axeitada para a actuación dos medios do SPDCIF e garantindo a súa actuación rápida.

3. Os puntos de auga deberán cumprir polo menos coas seguintes premisas:

a) Permitirán a carga de vehículos motobomba do SPDCIF.

b) Levarán peche perimetral de seguridade e protección.

c) A dimensión mínima do punto de auga será de 37,5 m3.

Subvencionarase un máximo dun punto de auga para expedientes con CMVMC, mancomunidades ou agrupacións de CMVMC de menos de 500 ha e de dous puntos de auga para expedientes en que esta superficie sexa maior o igual a 500 ha.

4. Ademais, o beneficiario deberá manter operativas para a prevención e defensa contra incendios forestais estas infraestruturas durante polo menos 20 anos, polo que deberá garantir:

a) Un acceso adecuado a eles dos medios do SPDCIF.

b) Un caudal continuo e suficiente.

c) Un baleiramento do depósito adecuado.

d) Manterán a zona perimetral libre de vexetación arbórea e arbustiva.

5. O uso principal destas construcións estará vinculado á prevención de incendios, sen prexuízo, de que o beneficiario poida dedicalas a outros usos sempre que sexan compatibles co anterior.

Artigo 28º.-Importes e porcentaxes máximos das subvencións.

1. A contía das subvencións estará condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

2. Os prezos que se reflicten na seguinte táboa son indicativos para o titular da solicitude e obrigatorios como tope máximo na aplicación polos SPDCIF para a aprobación dos orzamentos.

Ver referencia pdf "24300D009P075.PDF"

Artigo 29º.-Criterios de selección.

1. A concesión das subvencións axustarase aos principios xerais recollidos no artigo 5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

2. Os puntos de auga localizaranse estratexicamente no territorio de Galicia, complementando as infraestruturas deste tipo do SPDCIF, de xeito que se garanta unha actuación o máis eficiente dos medios.

3. Atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación ata acadar o orzamento asignado para esta liña, segundo o baremo seguinte:

a) Superficie de actuación consolidada pola constitución dunha unidade de xestión forestal da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia: 2,5 puntos.

b) Superficie total da CMVMC, agrupacións de CMVMC ou mancomunidades:

Desde 500 ata 750 ha: 1 punto.

Mais de 750 ha: 2 puntos.

Máis de 1.000 ha: 3 puntos.

c) Expedientes con algún monte certificado conforme ao sistema de xestión forestal sustentable da Xunta de Galicia: 2 puntos.

d) Número de comunidades que integran a agrupación ou a mancomunidade, puntuación:

Dúas comunidades: 0,20 puntos.

Tres comunidades: 0,45 puntos.

Catro comunidades: 0,75 puntos.

Cinco ou máis comunidades: 1 punto.

e) Expedientes con montes veciñais situados en concellos incluídos en espazos declarados zonas de especial protección dos valores naturais: 1 punto.

Véxase o Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (Diario Oficial de Galicia nº 69, do 12 de abril).

f) Expedientes que inclúan algún monte con instrumento de planificación forestal (proxecto de ordenación ou plan técnico) aprobado e inscrito no rexistro da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais: 1 punto.

g) Valoración pola Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais da localización do punto de auga: ata 1,5 puntos.

4. Para todos os casos, de existir empate, prevalecerá a maior puntuación obtida na alínea g) e, de continuar este, será preferente a maior puntuación obtida nas alíneas a), b), c), d), e) e f) sucesivamente.

Capítulo IV

Artigo 30º.-Documentación.

1. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poderen acceder a estas subvencións.

2. Subvencións para a xestión da biomasa nos montes veciñais en man común así como nas de vías e camiños forestais incluídos nestes.

a) Solicitude segundo o anexo I. O solicitante deberá ser a CMVMC, a través do seu representante legal (presidente da CMVMC).

b) Valoración económica das actuacións solicitadas segundo anexo II.

c) Fotocopia do CIF da CMVMC (en caso de agrupación, de todas as comunidades que a integran) ou mancomunidade; e o DNI do representante legal.

d) Certificación bancaria da CMVMC ou mancomunidade titular do terreo. No caso de agrupacións deberán ser titulares conxuntas todas as CMVMC que formen parte da agrupación. Nas agrupacións permitirase a sinatura mancomunada ou solidaria da conta bancaria.

e) Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante a pedir subvencións á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións obxecto da solicitude.

f) Datos dos montes obxecto da subvención, segundo o anexo V.

g) Para as agrupacións: acordo dos titulares dos terreos forestais para a designación dun solicitante-representante para os efectos de tramitación da subvención, segundo o anexo VI.

h) Declaración das subvencións solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes destas, ou o anexo VII debidamente asinado. No caso de agrupacións, cada CMVMC que a integre, deberá presentar unha declaración de subvencións.

i) Dúas copias do documento descritivo das actuacións.

3. Subvencións para a construción de puntos de auga nos montes veciñais en man común.

a) Solicitude segundo o anexo III. O solicitante deberá ser a CMVMC, a través do seu representante legal (presidente da CMVMC).

b) Valoración económica das actuacións solicitadas segundo anexo IV.

c) Fotocopia do CIF da CMVMC (en caso de agrupación, de todas as comunidades que a integran) ou mancomunidade; e o DNI do representante legal.

d) Certificación bancaria da CMVMC ou mancomunidade titular do terreo. No caso de agrupacións, deberán ser titulares conxuntas todos as CMVMC que formen parte da agrupación. Nas agrupacións permítese a sinatura mancomunada ou solidaria da conta bancaria.

e) Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante a pedir subvencións á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións obxecto da solicitude.

f) Datos dos montes obxecto da subvención, segundo o anexo V.

g) Para as agrupacións: acordo dos titulares dos terreos forestais para a designación dun solicitante-representante para os efectos de tramitación da subvención, segundo o anexo VI.

h) Declaración das subvencións solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes destas, ou o anexo VII debidamente asinado. No caso de agrupacións, cada CMVMC que a integre, deberá presentar unha declaración de subvencións.

i) Dúas copias do documento descritivo das actuacións.

Disposicións adicionais

Primeira.-As subvencións contidas nesta orde son incompatibles con outras subvencións de calquera Administración pública e con calquera outro réxime de subvencións comunitarias para a mesma finalidade.

Segunda.-O beneficiario deberá destinar os bens inventariables ao fin concreto para o que se concedeu a subvención durante un período que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens inscritibles nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens.

Terceira.-Nos aspectos non previstos nesta orde estarase ao disposto na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, no Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro, relativo á subvención ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no Regulamento (CE) 1974/2006, da Comisión, do 15 de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 e no Regulamento (CE) 1975/2006, da Comisión, do 7 de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de subvención ao desenvolvemento rural.

Cuarta.-De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario ao cal se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Igualmente, farano na correspondente páxina web oficial nos termos previstos no artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, polo que a presentación da solicitude leva implícita autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na cita páxina web.

De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de subvencións, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Quinta.-Esta orde atópase encadrada no eixe 2 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, aprobado por Decisión C (2008) 703, do 15 de febreiro de 2008.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e Industrias Forestais para ditar todas as disposicións complementarias, dentro do ámbito das súas competencias, para a aplicación desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2008.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural

Ver referencia pdf "24300D009P075.PDF"