DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2008 Páx. 22.342

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2008 pola que se lles dá publicidade aos cambios producidos na Orde do 6 de outubro de 2008 pola que se establecen os domingos e festivos nos cales se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2009, de acordo co disposto no artigo 6.2º da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 6.2º da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, dáse publicidade aos cambios producidos na Orde do 6 de outubro de 2008 como consecuencia das resolucións do 2 de decembro de 2008 pola que se modifican os domingos e días festivos hábiles comercialmente para os concellos de Cedeira e Ferrol, logo da correspondente solicitude dos concellos.

Os domingos e festivos nos cales os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público cun horario máximo de 12 horas diarias no concello de Cedeira durante o ano 2009 son:

11 de xaneiro.

24 de febreiro.

9 de abril.

8 de setembro.

6 de decembro.

13 de decembro.

20 de decembro.

27 de decembro.

Os domingos e festivos nos cales os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público cun horario máximo de 12 horas diarias no concello de Ferrol durante o ano 2009 son:

4 de xaneiro.

7 de xaneiro.

9 de abril.

5 de xullo.

6 de decembro.

13 de decembro.

20 de decembro.

27 de decembro.

Para os restantes concellos comprendidos no ámbito de aplicación da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, rexerá o disposto na Orde do 6 de outubro de 2008 (DOG do 14 de outubro de 2008).

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2008.

Fernando Xabier Blanco Alvárez

Conselleiro de Innovación e Industria