DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2008 Páx. 22.332

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN conxunta do 3 de decembro de 2008, do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publica a concesión de premios aos carteis elaborados polas escolas de arte, ciclo superior de formación profesional de deseño e produción editorial e bacharelatos artísticos co tema: Os dereitos das persoas consumidoras, convocados pola Resolución do 4 de setembro de 2008.

Pola Resolución do 4 de setembro de 2008 (DOG nº 181, do xoves 18 de setembro ), o Instituto Galego de Consumo e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocaron un concurso dirixido a premiar os mellores carteis que tivesen como tema os dereitos das persoas consumidoras. Vista a proposta do xurado, efectuada segundo o disposto no artigo 8 da Resolución do 4 de setembro de 2008,

RESOLVEMOS:

Facer pública a concesión dos premios aos carteis presentados conforme a Resolución do 4 de setembro de 2008, que se relacionan no anexo que se xunta esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2008.

Emilio Nogueira Moure Laura Sánchez Piñón

Presidente do Instituto Conselleira de Educación

Galego de Consumo e Ordenación Universitaria

ANEXO

-Modalidade a: escolas de arte.

Primeiro premio:

Título: Ti consomes, ti decides.

Autora: Elia Santos Novas.

Centro: IES de Leixa de Ferrol (A Coruña).

Dotación: 1.400 euros.

Segundo premio:

Título: Ensínalles a cortar.

Autora: Patricia Lareo Rodríguez.

Centro: Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.

Dotación: 900 euros.

Terceiro premio:

Título: Non os deixes escapar.

Autora: Sonia Martínez Piñón.

Centro: IES de Leixa de Ferrol (A Coruña).

Dotación: 700 euros.

-Modalidade b: bacharelatos artísticos.

Primeiro premio:

Título: sen título.

Autora: Marta Timiraos Nieto.

Centro: IES Monte Castelo de Burela (Lugo).

Dotación: 1.400 euros.

Segundo premio:

Título: sen título.

Autor: Aitor Santomé Martínez.

Centro: IES María Soliño de Cangas (Pontevedra).

Dotación: 900 euros.

Terceiro premio:

Título: sen título.

Autora: Eva Fernández Moscoso.

Centro: IES Monte Castelo de Burela (Lugo).

Dotación: 700 euros.

Recoñecemento especial do xurado sen dotación económica ao cartel presentado por:

Autor: Juan Carlos López Raña.

Centro: Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.