DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2008 Páx. 22.000

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de decembro de 2008 pola que se fai pública a resolución do concurso público de bolsas para o curso 2008-2009 destinadas ao alumnado universitario galego, descendente de galegos ou con residencia familiar en Galicia que, por causa sobrevida ou imprevista, teña dificultades económicas para continuar estudos.

Mediante a Orde do 26 de abril de 2008, DOG do 13 de maio, aprobáronse as bases e procedeuse á convocatoria de bolsas para o curso 2008-2009 destinadas ao alumnado universitario galego, descendente de galegos ou con residencia familiar en Galicia que, por causa sobrevida ou imprevista, teña dificultades económicas para continuar estudos.

De acordo co establecido no artigo 5º das bases da convocatoria, desde o día 3 ao 14 de outubro de 2008, expuxéronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas por documentación. Durante ese mesmo prazo os interesados puideron formular as reclamacións para emendar erros e falta de documentación ante a Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Transcorrido este prazo, as solicitudes admitidas foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, esta consellería

RESOLVE:

Artigo 1º

Concederlles unha bolsa aos solicitantes que a seguir se relacionan e pola contía que en cada caso se indica:

Ver referencia pdf "24000D004P012.PDF"

Artigo 3º

Os/as adxudicatarios/as que figuran na listaxe de concedidos deberán presentar na Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, no prazo máximo de dez días naturais posteriores ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia a seguinte documentación:

a) Declaración xurada complementaria das axudas obtidas ou solicitadas para a mesma finalidade.

b) Xustificante de estar matriculado no curso 2008/2009 en 50 créditos, como mínimo, nunha universidade do SUG ou nunha universidade pública de fóra de Galicia, sempre que a titulación universitaria que está a cursar non sexa impartida nalgunha das universidades desta comunidade autónoma.

Artigo 4º

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso postestativo de reposición ante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria