DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2008 Páx. 21.998

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de novembro de 2008 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 16 de maio de 2008 de axudas ao alumnado universitario galego interesado en solicitar créditos bancarios para financiamento dos seus estudos ou prorrogar os concedidos na convocatoria anterior.

Mediante a Orde do 16 de maio de 2008, DOG do 27 de maio, aprobáronse as bases e procedeuse á convocatoria de axudas ao alumnado universitario galego interesado en solicitar créditos bancarios para financiamento dos seus estudos ou prorrogar os concedidos na convocatoria anterior.

De acordo co establecido no artigo 8º das bases da convocatoria, desde o día 17 ao día 27 de outubro de 2008, ambos os dous incluídos, estiveron expostas as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas por documentación. Durante ese mesmo prazo os interesados puideron formular reclamacións para emendar erros e falta de documentación ante a Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Rematado este prazo, as solicitudes admitidas foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación de posibles beneficiarios do préstamo subsidiado, para o curso 2008-2009, aos estudantes universitarios que se relacionan no anexo I desta orde, sempre que cumpran os requisitos do convenio asinado coas entidades financeiras, o que supón a cantidade de 1.320 euros correspondentes á partida orzamentaria 09.04.422C.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

Os estudantes que figuran na relación de admitidos como pendentes de entregar o xustificante de matrícula e que, de acordo co establecido no artigo 7º da orde de convocatoria, presentaron unha declaración xurada comprometéndose a entregar o xustificante de matrícula no prazo de dous días despois da súa formalización, non poderán asinar o contrato do préstamo coas entidades bancarias en canto non presenten na Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, antes do día 15 de decembro de 2008, o mencionado xustificante. A Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia entregaralles a correspondente autorización para que poidan asinar os contratos coa entidade bancaria.

Segundo.-Facer pública a relación de beneficiarios das prórrogas do préstamo subsidiado, para o curso 2008-2009, aos estudantes universitarios que se relacionan no anexo II desta orde, aos que se lles concedeu o préstamo nas convocatorias anteriores, sempre que cumpran os requisitos do convenio asinado coas entidades financeiras, o que supón a cantidade de 1.200 euros correspondentes á partida orzamentaria 09.04.422C.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

Os estudantes que figuran na relación de admitidos como pendentes de entregar o xustificante de matrícula e que, de acordo co establecido no artigo 7º da orde de convocatoria, presentaron a declaración xurada comprometéndose a entregar o xustificante de matrícula no prazo de dous días despois da súa formalización, non poderán ser beneficiarios de prórroga en tanto non presenten na Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, antes do día 15 de decembro de 2008, o mencionado xustificante. A dirección xeral entregaralles a correspondente autorización para que a entidade bancaria lles manteña a prórroga.

Terceiro.-Os solicitantes que figuran nos anexos I e II como denegados deberán considerar desestimada a súa solicitude polas causas que neles se especifican.

Cuarto.-Os posibles beneficiarios dos préstamos subsidiados desta convocatoria, que se relacionan no anexo I desta orde, realizarán os trámites do préstamo coas entidades financeiras Banco Pastor, Caixa de Aforros de Galicia, Caixanova, Banco Gallego, Banco Simeón e Banco Echeverría, asinantes do convenio de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, desde o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 31 de decembro de 2008.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "24000D003P010.PDF"