DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2008 Páx. 21.997

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2008 pola que se fai pública a concesión das bolsas e axudas dirixidas á realización e difusión de estudos e investigacións e á organización de xornadas ou congresos en materias relacionadas coas mulleres, convocadas pola Orde do 4 de abril de 2008.

A orde da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar do 4 de abril de 2008 (DOG do 17 de abril) aproba as bases e convoca bolsas e axudas dirixidas á realización e difusión de estudos e investigacións e á organización de xornadas ou congresos en materias relacionadas coas mulleres.

O artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

De acordo co anteriormente exposto, esta secretaría

RESOLVE:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da relación de beneficiarias/os das axudas concedidas ao abeiro desa orde. Esta relación achégase nos anexos I a V.

Convocatoria: Orde do 4 de abril de 2008 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan bolsas e axudas dirixidas á realización e difusión de estudos e investigacións e á organización de xornadas ou congresos en materias relacionadas coas mulleres.

Programa: 200700067. Crédito orzamentario: 170.000 euros. Aplicación orzamentaria: 05.30.313D.481.0.

Programa: 200600060. Crédito orzamentario: 20.000 euros. Aplicación orzamentaria: 05.30.313D.444.0.

Programa: 200600064. Crédito orzamentario: 100.000 euros. Aplicación orzamentaria: 05.30.313D.444.0.

Programa: 200700070. Crédito orzamentario: 40.000 euros. Aplicación orzamentaria: 05.30.312G.470.0.

Santiago Compostela, 20 de novembro de 2008.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Ver referencia pdf "24000D002P009.PDF"

Ver referencia pdf "24000D003P010.PDF"