DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2008 Páx. 21.995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 14 de novembro de 2008 pola que se crean ficheiros de datos de carácter persoal en materia de solidariedade e participación na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.

A Constitución española no seu artigo 18.4º dispón que a lei limitará o uso da informática para garantir a honra e intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos.

Neste sentido a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e o Real decreto 1720/2007 polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, regulan o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, así como toda modalidade de uso posterior deles polos sectores público e privado. Neste marco, a finalidade desta regulación é garantir e protexer os dereitos fundamentais e liberdades públicas das persoas físicas, e especialmente a súa honra e intimidade, tanto persoal como familiar.

O artigo 20.1º da devandita lei e o artigo 52 do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da citada lei establecen que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

En virtude do exposto e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Lei 2/2007, do 28 de marzo, e a Lei 12/2007, do 27 de xullo,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia crea os ficheiros automatizados de carácter persoal que se especifican no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información exixida que deberá indicarse nas disposicións de creación, modificación ou supresión dos ficheiros, de acordo co artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e no artigo 54 do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, está contida nos anexos de cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados de datos, creados por esta orde, só serán utilizados para os fins expresamente previstos nos anexos e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos na lei.

Artigo 5º.-Responsable do ficheiro.

Serán responsables da seguridade dos ficheiros os órganos que, en cada caso, figuran no anexo e ante os que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Artigo 6º.-Nivel de protección e medidas de seguridade.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a súa confidencialidade, e os dereitos e obrigas recoñecidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada expresamente a Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se crean ficheiros de datos de carácter persoal en materia de solidariedade e participación na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2008.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

ANEXO

Ficheiro.-Conversascon.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto para el.

A finalidade do ficheiro é o rexistro de persoas participantes no ciclo de conferencias Conversascon.

b) Orixe dos datos, procedemento de recollida de datos e procedencia destes.

O colectivo sobre o que se pretende obter datos son persoas participantes no ciclo de conferencias Conversascon.

Os datos recóllense a través de formularios en papel presentados polos interesados, solicitudes telefónicas e a través doutros medios telemáticos.

A procedencia dos datos son os interesados ou os seus representantes legais.

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento utilizado na súa organización.

Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, enderezo postal, correo electrónico e teléfono/teléfono móbil do participante.

O modo en que se organiza o sistema de información é mixto.

d) Cesión de datos de carácter persoal e, se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións salvo as previstas na lei.

e) Órgano da Administración responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

f) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, edificio administrativo San Caetano, bloque III-1º, 15781 Santiago de Compostela.

g) Nivel de seguridade.

Básico.

Ficheiro.-Programa de formación.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto para el.

A finalidade do ficheiro e o rexistro de persoas participantes nas accións formativas da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, tanto presenciais como en liña.

b) Orixe de datos, procedemento de recollida de datos e procedencia destes.

O colectivo sobre o que se pretende obter datos son persoas participantes que acceden ou poden ter acceso ao programa de formación da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

Os datos recóllense a través de formularios web e, no seu defecto, por medio telefónico.

A procedencia dos datos son os propios interesados ou os seus representantes legais e as entidades privadas (entidades de acción voluntaria).

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento utilizado na súa organización.

-Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, enderezo, poboación, código postal, provincia, teléfono, correo electrónico.

-Áreas en que se colabora: voluntariado de inclusión social, voluntariado e autonomía persoal, voluntariado e infancia, voluntariado e cooperación, voluntariado ambiental e voluntariado cívico.

-Outros datos: titulación e profesión.

O modo en que se organiza o sistema de información é mixto.

d) Cesión de datos de carácter persoal e, se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén cesións salvo as previstas na lei.

e) Órgano da Administración responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

f) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, edificio administrativo San Caetano, bloque III-1º, 15781 Santiago de Compostela.

g) Nivel de seguridade.

Básico.

Ficheiro.-Teléfono solidario/teléfono en defensa do monte galego 900 400 800.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto para el.

Elemento centralizador das consultas, solicitudes de información, información actualizada sobre infraestruturas, organismos, cursos de formación e calquera outra actividade en materia de voluntariado.

b) Orixe de datos, procedemento de recollida de datos e procedencia destes.

Os colectivos de que se pretende obter datos son os solicitantes de información en materia de voluntariado.

Os datos recóllense a través de chamadas telefónicas efectuadas polos interesados e consultas por correo electrónico.

A procedencia dos datos son os propios interesados ou os seus representantes legais e as entidades privadas (entidades de acción voluntaria).

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento utilizado na súa organización.

Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, DNI, enderezo, concello, provincia, teléfono/teléfono móbil, correo electrónico.

Outros datos segundo a consulta realizada: titulación, profesión e áreas de colaboración.

O modo en que se organiza o sistema de información é mixto.

d) Cesións de datos de carácter persoal e, se é o caso, transferencias que se prevexan a países terceiros.