DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2008 Páx. 21.321

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2008 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de maio de 2008 pola que se aprobaron as bases reguladoras e a convocatoria pública das axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008 (Diario Oficial de Galicia número 111, do 10 de xuño).

A Orde do 27 de maio de 2008 (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 10 de xuño) aprobou as bases e convocou as axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

O artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.432A. 770.0. tradución para outras linguas de obras redactadas orixinariamente en galego e tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2008.

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte

Ver referencia pdf "23200D011P021.PDF"