DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2008 Páx. 21.317

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

DECRETO 262/2008, do 6 de novembro, polo que se delimita o contorno de protección da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, nos termos municipais do Saviñao e Chantada, na provincia de Lugo.

Santo Estevo de Ribas de Miño é un templo románico que se ergue nunha ladeira do val do río Miño, situada no termo municipal do Saviñao, na provincia de Lugo. As singulares condicións naturais do canón do Miño, que neste lugar discorre moi encaixado, e a propia arquitectura do último terzo do século XII fan de Santo Estevo de Ribas de Miño un dos mosteiros de monxes bieitos máis relevantes da rexión. Este espírito foi o que fixo que, xa en 1931, fose considerado como un lugar que era preciso protexer e, por este motivo, foi declarado monumento histórico-artístico pertencente ao Tesouro Nacional polo Decreto do 3 de xuño de 1931.

A orixe deste mosteiro é altomedieval, aínda que non é sinxelo precisar a súa datación orixinal posto que o único que permanece no tempo de todas as construcións monásticas primitivas é a magnífica igrexa, expoñente máximo do románico galego.

A solución de construír unha cripta para salvar o desnivel do terreo relaciona inmediatamente esta fábrica coa solución adoptada polo Mestre Mateo para a fachada occidental da catedral de Santiago de Compostela.

A situación da igrexa nunha aba moi escarpada fixo necesario construír unha cripta con bóveda de canón para elevar a fachada e ordenar a terraza en que se asenta o adro.

A complexidade evidenciada no exterior compleméntase coa espectacularidade da fachada, cuxa parte baixa presenta unha portada central disposta dunha forma bastante difícil de atopar en Galicia, con dous arcos cegos aos lados. A arquivolta interior desenvolve unha decoración figurada con dous personaxes que mostran os astros -o sol e a lúa- e outros sete que sosteñen instrumentos musicais, dotados de movemento polos escorzos que fan os anciáns músicos coas cabezas para poderse mirar. Esta posta en escena refire de novo a influencia do Mestre Mateo, tanto na disposición, que evoca a dos vinte e catro anciáns con instrumentos musicais da Apocalipse presentes no Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, como na iconografía, identificable, ben cos anciáns da Apocalipse ou ben co Rei David e os seus músicos.

Consta a igrexa de nave e ábsida únicos, e desenvolve cara ao exterior muros de granítico con contrafortes exteriores. Nos muros laterais, os arcos de descarga únense cos cinco contrafortes que sustentan o muro entre os que se dispoñen ventás, articulándoo e dotándoo de certa mobilidade.

Coa publicación da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, e segundo o establecido na súa disposición adicional primeira, todos os bens que con anterioridade fosen declarados histórico-artísticos ou incluídos no Inventario do Patrimonio Artístico e Arqueolóxico de España pasan a ter a consideración e a denominárense bens de interese cultural. En virtude da disposición adicional primeira da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, tales bens manteñen a consideración de bens de interese cultural e quedan sometidos ao mesmo réxime xurídico de protección aplicable a estes.

Co fin de dar cumprimento ao establecido pola Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, e a propia Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia, respecto da obriga de definir e delimitar a área territorial e os accidentes xeográficos e naturais que conforman o ámbito dos bens inmobles declarados de interese cultural en atención á súa axeitada protección, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, por Resolución do 15 de outubro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 21 de novembro), incoou expediente para a delimitación do contorno de protección da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, nos termos municipais do Saviñao e Chantada (Lugo).

A este respecto considerouse necesario incluír dentro do contorno afectado pola delimitación aqueles lugares directamente visualizados desde o propio ben que posúen valemento patrimonial, o que implica a protección de zonas situadas do outro lado do río Miño, onde existe un importante exemplo de paisaxe agraria tradicional organizada en ribeiras e muras destinadas á produción de viño. Estimouse tamén que, en ambas as dúas marxes do río, existe unha notoria presenza de bosque autóctono tradicional, bosque que tamén forma parte da paisaxe cultural, cuxa permanencia debe ser considerada positivamente de cara á demarcación do contorno de protección do ben.

Neste ámbito inclúense outros elementos de interese cultural relacionados directa ou indirectamente co ben principal, tales como o lugar da Abadía, a Casa de Bento, o Pazo de Fraguas, o Castro de San Fiz, a Adega do Santo e a capela de San Pedro de Cela.

Por outro lado coidouse necesario incluír non só a perspectiva visual principal senón tamén a que se aprecia desde lugares concretos frecuentados, como miradoiros ou accesos transitados, así como a que ofrece o tránsito pola estrada que vai de Monforte a Chantada e que pasa ao pé da igrexa, na procura da definición dun contorno homoxéneo que garanta a preservación deste espazo e a súa contemplación, tanto desde o propio ben como desde os puntos de vista próximos máis frecuentes, demarcando estas perspectivas en atención aos límites visuais que conforman liñas divisorias de augas.

Á vista do exposto, logo da tramitación do correspondente expediente administrativo segundo o establecido nas disposicións vixentes, tendo en conta o disposto no artigo 12 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, por proposta da conselleira de Cultura e Deporte e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de novembro de dous mil oito,

DISPOÑO:

Primeiro.-Delimitar o contorno de protección da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, nos termos municipais do Saviñao e Chantada, na provincia de Lugo.

Segundo.-A zona afectada pola delimitación abrangue o territorio que se describe no anexo I e que se recolle nos planos dos anexos II e III.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de novembro de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte

ANEXO I

Extracto do expediente polo que se delimita o contorno de protección da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, nos termos municipais do Saviñao e Chantada, na provincia de Lugo

I. Datos sobre o ben obxecto da declaración.

1. Denominación: delimitación do contorno de protección da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño.

2. Localización.

a) Comunidade Autónoma: Galicia.

b) Provincia: Lugo.

c) Concellos: O Saviñao/Chantada.

d) Lugar: Santo Estevo de Ribas de Miño.

II. Datos administrativos.

1. Expediente nº: R-I-51-000071500001.

2. Incoación.

a) Data de incoación: 15 de outubro de 2007.

b) Data de publicación:

DOG do 21 de novembro de 2007.

BOE do 15 de novembro de 2007.

c) Data de comunicación ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural: 16 de novembro de 2007.

3. Instrución.

a) Institucións que emitiron informe favorable:

-Consello da Cultura Galega.

-Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario.

b) Data de apertura do período de información pública: 22 de novembro de 2007.

Duración : un mes.

c) Foron debidamente respondidas en tempo e forma as alegacións formuladas polos interesados que posúen tal condición de conformidade co disposto no artigo 31 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Descrición.

O contorno de protección da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño que afecta aos concellos do Saviñao e Chantada (Lugo) queda xeorreferenciado mediante a cita das parcelas catastrais polas que discorre a demarcación, completada coa indicación de coordenadas UTM naqueles puntos concretos en que se considerou que podía haber ambigüidade ou incerteza no percorrido da liña de demarcación.

Nas coordenadas UTM cítanse en primeiro lugar o X e despois o Y.

As parcelas identifícanse mediante dous grupos numéricos separados por unha barra que indican polígono e parcela catastrais (polígono/parcela). Van precedidos por letras que se corresponden coa inicial do concello a que pertencen: S para O Saviñao e CH para Chantada.

Pártese do punto situado máis ao norte da delimitación, no río Miño, entre os concellos do Saviñao e Chantada, nas coordenadas 606028/4720355. Desde este lugar o límite encamíñase cara o ESE polo linde norte da parcela S122/600 ata a confluencia desta parcela coa estrada, nas coordenadas 606555/4720140.5. Desde aquí traza unha liña recta ata as coordenadas 606742.5/4719851, na confluencia do camiño S121/9003 co camiño S121/9007; atravesando a estrada sinalada e a parcela S121/175. Desde o punto indicado, na confluencia de camiños, continúa polo linde sur da parcela S121/175 cara ao oeste ata outra confluencia de camiños, nas coordenadas 606589.5/4719767. Desde aquí vai cara ao sur polo camiño S122/9006 ata a confluencia deste co camiño S122/9008; e desde aquí contornea polo leste as parcelas S122/476 e S122/483 e polo sur a parcela S122/482 ata o camiño S122/9007, nas coordenadas 606449/4719401. A partir de aquí continúa polo camiño S122/9007 cara ao sur ata as coordenadas

606424/4718762, onde se cruza coa estrada S122/9013, pola que segue cara ao sur ata a súa confluencia co camiño S126/9005, nas coordenadas 606229.5/4718515. Desde aquí diríxese cara ao SW ata as coordenadas 605881/4718227 pola liña conformada polos lindes das parcelas S126/137, S126/140, S126/141, S126/142, S126/146, S126/149 e S126/102. Desde o punto indicado en último lugar continúa cara ao oeste ata o río Miño polo sur das parcelas S126/102, S126/101, S126/100, S126/80, S126/81, 82, S126/61 e S126/4, na ribeira do Miño e nas coordenadas 605317/4718371. Desde este lugar cruza o río Miño ata as coordenadas 605227/4718368, que se corresponde coa esquina sur da parcela CH78/69, desde onde continúa polp linde oeste das parcelas CH78/69, CH78/70 e CH79/805, ata a estrada, continúa despois cara ao oeste polo linde sur das parcelas CH78/40, CH78/64 e CH78/63 ata o punto 605142/4718503.5, desde onde segue cara ao norte polo linde oeste das parcelas CH78/63, CH78/123, CH78/41 e CH78/1036

ata a confluencia coa esquina SE da parcela CH78/42, para contornar esta polo sur e despois polo linde oeste das parcelas CH78/42, CH78/19 e CH78/17 ata a estrada, cruzándoa, para chegar ao punto máis ao sur da parcela CH79/387, nas coordenadas 605086.5/4718701.5, desde onde parte cara ao NE pola cara NW das parcelas CH79/387 e CH79/388 para despois cruzar a estrada desde a esquina NW desta última parcela ata a esquina SW da parcela CH76/992. Desde aquí continúa a demarcación cara ao norte polo linde oeste das parcelas CH76/992, CH76/993, CH76/1128, CH76/994, CH76/995, CH76/997, CH76/959, CH76/951, CH76/950, CH76/927, CH76/928, CH76/828, CH76/829, CH76/833, CH76/934, CH76/835, CH76/836, CH76/831, CH76/820, CH76/758, CH76/746, CH76/692, CH76/689, CH76/686, CH76/685, CH76/683, CH76/679, CH76/677 e da CH76/664 ata o punto onde empata esta coa esquina sur da parcela CH76/667, nas coordenadas 604980/4719372.5. Segue pola linde W da parcela CH76/667 ata o camiño CH76/9022, nas coordenadas

604928/4719442. Segue por este camiño cara ao norte ata que conflúe con outro camiño, co CH76/9014, nas coordenadas 605002/4719808.5; e desde aquí segue por este camiño ata que chega ao camiño CH76/9015, nas coordenadas 605042.5/4719808, para proseguir por este camiño ata a esquina sur da parcela CH76/36, nas coordenadas 605100.5/4719846, a continuar polos lindes NW desta parcela ata o camiño CH75/9030 nas coordenadas 605211.5/4719986.5; e desde aquí á esquina NW da parcela CH75/577 para seguir polo linde norte das parcelas CH75/577, CH75/578, CH75/579 e CH75/273 ata confluír co camiño CH75/9030, nas coordenadas 605381/4720144, para proseguir por este camiño ata a confluencia deste co camiño CH75/9020, e desde este cruzamento en liña ata a esquina SW da parcela CH76/204, contornando a mesma polo seus lindes oeste e norte para seguir pola extrema norte da parcela CH76/211 ata que se une coa parcela CH76/213, desde onde prosegue contornándoa polo seus lindes oeste e norte e despois

pola extrema norte das parcelas CH76/221, CH76/222, CH76/223, CH76/224 e CH76/225 ata chegar ás coordenadas da esquina leste desta última, nas coordenadas 605753.5/4720259. Desde este punto péchase a delimitación retornando ao punto de partida despois de atravesar a parcela CH76/1083 e o río Miño.

Ver referencia pdf "23200D010P017.PDF"

Ver referencia pdf "23200D011P021.PDF"