DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2008 Páx. 21.310

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de novembro de 2008 pola que se resolve a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a centros educativos privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a implantación de accións que potencien o ensino en lingua galega no segundo ciclo de educación infantil.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 13 de maio de 2008, DOG do 20 de maio, estableceu as bases reguladoras e convocou axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para implantar accións que potencien o ensino en lingua galega no segundo ciclo de educación infantil en centros educativos privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no curso académico 2008-2009.

Unha vez rematado o procedemento establecido na convocatoria, cómpre facer pública a relación de centros beneficiarios destas axudas e dos excluídos, de acordo co artigo 13º da devandita orde.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Conceder as axudas aos centros privados concertados que se indican a continuación:

Ver referencia pdf "23200D004P009.PDF"

Segundo.-Excluír os centros e polas causas que a seguir se indican:

Ver referencia pdf "23200D004P009.PDF"

Terceiro.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 107.1º, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 10, 14 e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria