DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2008 Páx. 21.309

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de novembro de 2008 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2007-2008, convocados pola Orde do 17 de abril de 2008.

A Orde do 17 de abril de 2008 (DOG do 24 de abril) pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2007-2008, establece no seu artigo 17.2º que, de acordo coa proposta feita pola comisión de selección, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa elevará a dita proposta para a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de concesión ditada pola conselleira de Educación e Ordenación Universitaria.

Unha vez realizadas as probas, publicada a relación provisional coas cualificacións obtidas polos candidatos e candidatas, resolta a reclamación presentada, e vista a acta coa proposta definitiva da comisión de selección de adxudicación dos premios extraordinarios e por proposta da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Conceder os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria, correspondentes ao curso 2007-2008, ao alumnado que figura nos anexos a esta orde. Anexo I: modalidade a) premios extraordinarios ao esforzo e superación persoal e anexo II: modalidade b) premios extraordinarios ao rendemento académico.

Segundo.-Contra esta resolución de adxudicación dos premios poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "23200D003P008.PDF"

Ver referencia pdf "23200D004P009.PDF"