DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2008 Páx. 21.308

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a exposición pública das listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas dos programas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2008 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rematados os traballos da repartición do fondo de acción social para o ano 2008, e de conformidade co establecido nos puntos 6 e 7 das condicións xerais do acordo da Comisión Paritaria de Acción Social respecto dos criterios de repartición deste fondo para o exercicio 2008 entre o persoal ao servizo da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma, ao cal se lle deu publicidade por medio da resolución da Dirección Xeral de Xustiza, do 19 de maio de 2008 (DOG nº 103, do 29 de maio), unha vez transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 3 de outubro de 2008 pola que se anunciaba a exposición pública das listaxes provisorias (DOG nº 201, do 16 de outubro), esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Aprobar e dar publicidade ás listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas dos programas I (Axuda fillos e estudos fillos) e II (Axuda estudos funcionarios) correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2008 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia. As devanditas listaxes están expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nos xulgados decanos e nas páxinas web: www.xudicial.xunta.es e http://cpapx.xunta.es/portal/xustiza/dxxpersoal.htm.

En aplicación da Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal, a admisión ou a exclusión dos solicitantes dos programas III (Axuda discapacidades) e IV (Axuda por celiaquía, intolerancia á lactosa e crohn) comunicarase persoalmente aos interesados.

Segundo.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou ben poderá ser impugnada directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses, ambos os dous prazos contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 14, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2008.

Begoña Santos Fernández

Directora xeral de Xustiza