DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2008 Páx. 21.308

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 25 de novembro de 2008 pola que se ditan normas para garantir os servizos mínimos de limpeza en edificios e locais durante a folga convocada con carácter indefinido na provincia de Pontevedra.

Advertido erro na Orde do 25 de novembro de 2008 pola que se ditan normas para garantir os servizos mínimos de limpeza en edificios e locais durante a folga convocada con carácter indefinido na provincia de Pontevedra, publicada no DOG nº 230, do 26 de novembro de 2008, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 21.200, parágrafo segundo do artigo 1º que determina os servizos mínimos debe engadirse:

«e) Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia: 50%».