DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2008 Páx. 21.307

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 17 de novembro de 2008 que modifica a Orde do 4 de febreiro de 2008 pola que se regulan as axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social.

Na Orde do 4 de febreiro de 2008 (DOG nº 38, do 22 de febreiro), da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, regúlanse as axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social. Na súa exposición de motivos sinálase que as axudas que se establecen no seu articulado se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 05.30.312B.481.0, recollida na Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, e o importe destinado a elas ascenderá a 3.242.023,98 euros.

Dado que para atender as axudas solicitadas o importe destinado na Orde do 4 de febreiro de 2008 resulta insuficiente, e tendo en conta a existencia de crédito na aplicación orzamentaria 05.30.312B.481.0, procédese a incrementar o importe destinado ás axudas, polo que é necesario modificar a orde no que respecta a ese punto así como ampliar o prazo de xustificación como consecuencia da dita ampliación.

Por todo o exposto, e en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Amplíase o importe total correspondente ao exercicio 2008 destinado ao financiamento das axudas que se van conceder ao abeiro da orde do 4 de febreiro de 2008, pola que se regulan as axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, na contía de 167.730,55 con cargo á aplicación orzamentaria 05.03.312B.481.0.2.- O incremento do financiamento non suporá resolucións a novos beneficiarios.

2. Amplíase o prazo de xustificación da axuda, establecido no artigo 14 da citada orde, ata o 5 de decembro de 2008.

3. Esta modificación non afecta o prazo establecido na devandita orde para a presentación das solicitudes.

Disposición derradeira

Única.-Esta disposición entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2008.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar