DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2008 Páx. 21.263

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 28 de outubro de 2008 pola que se dispón a renovación de vogais dos consellos de administración de autoridades portuarias.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a designación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ás cales representen aqueles.

Polo exposto, vista a proposta do ente público Portos do Estado, e en exercicio das facultades que me foron atribuídas polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

A renovación do mandato, como vogais, en representación da Administración xeral do Estado, nos consellos de administración das autoridades portuarias, das seguintes persoas:

-Na Autoridade Portuaria de San Cibrao-Ferrol e a súa ría:

José Ucieda Somoza.

-Na Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría:

Manuel Dapena Baqueiro.

-Na Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra:

José Llorca Ortega.

-Na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría:

Mª Jesús Calvo Andrés.

-Na Autoridade Portuaria da Coruña:

Consuelo Castro Rey.

José María Álvarez González.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2008.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes