DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2008 Páx. 21.263

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 24 de outubro de 2008 pola que se dispón o nomeamento dunha vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a designación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ás cales representen aqueles.

Polo exposto, vista a proposta do ente público Portos do Estado, e en exercicio das facultades que me foron atribuídas polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O nomeamento de Mª Teresa Pisano Avello como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría, en representación da Administración xeral do Estado.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2008.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes