DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2008 Páx. 21.263

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 24 de outubro de 2008 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ás cales representen aqueles.

Polo exposto, vista a proposta do ente público Portos do Estado, e en exercicio das facultades que me foron atribuídas polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O cesamento de Francisco López Peña como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría, en representación da Administración xeral do Estado, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2008.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES